Abrir o menú principal

Nidia Arévalo

política galega
(Redirixido desde "Nidia María Arévalo Gómez")

Nidia María Arévalo Gómez, nada en Vigo o 25 de abril de 1975, é unha política galega do PPdeG.

Nidia Arévalo
Nome completoNidia María Arévalo Gómez
Nacemento25 de abril de 1975
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou Químicas, aínda que non acadou a licenciatura.[1] Concelleira en Mos polo PPdeG, foi deputada provincial e presidenta da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller da Deputación de Pontevedra en 2006. Presentouse ás eleccións municipais de 2007 encabezando a candidatura do PPdeG que obtivo 8 concelleiros, fronte a 6 do PSdeG-PSOE e 3 do BNG. Despois dunhas longas e tensas negociacións, cun ano de goberno en minoría do PSdeG, formouse un goberno de coalición co BNG.

O 12 de decembro de 2008 encabezou unha moción de censura contra a alcaldesa María Xesús Escudero Lago (PSdeG-PSOE) co apoio do concelleiro Gerardo Alonso, tránsfuga do PSdeG. Despois dun tenso pleno no que centos de veciños se manifestaron en contra da moción, Nidia Arévalo converteuse en alcaldesa de Mos, declarando que se acababa coa situación de "desgoberno". Tanto ela como os seus compañeiros de partido e Gerardo Alonso tiveron que abandonar o pleno en vehículos da Garda Civil escoltados polos antidisturbios.[2]

A Comisión de Seguimento do Pacto Antitransfuguismo declarou en setembro de 2009 como "caso claro de tránsfugas" en referencia ao concelleiro que fora elixido na lista do PSdeG Gerardo Alonso, así como se declara a Nidia Arévalo e aos sete edís do PP en Mos, que pediron a baixa do partido, beneficiarios do caso de transfuguismo.[3]

Nas municipais de 2011 foi elixida alcaldesa de Mos polo PPdeG con maioría absoluta.


Predecesor:
María Xesús Escudero Lago
  
Alcaldesa de Mos
 
2008 - actualidade
Sucesor:
no cargo

NotasEditar

Véxase taménEditar