Nicolas Geneviève Huet

Nicolas Geneviève Huet, coñecido como Nicolas Huet o Novo (en francés Nicolas Huet le Jeune), nado en agosto ou setembro de 1767 en París e finado na mesma cidade o 8 de decembro de 1830, foi un gravador e pintor de animais francés activo entre os anos 1788 a 1830.

Nicolas Geneviève Huet
Nacemento1770
Lugar de nacementoParís
Falecemento1830 e 26 de decembro de 1830
Lugar de falecementoParís
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónpintor, ilustrador, gravador, augafortista, acuarelista e debuxante
PaiJean-Baptiste Huet
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nicolas Huet foi o fillo máis vello e o alumno de Jean-Baptiste Huet, e neto de Nicolas Huet o Vello, que foron ámbolos dous pintores e grabadores en cobre. Nicolás naceu preto do Louvre, onde seu pai tiña un obradoiro. En 1792 el e seus dous irmáns François (1772–1813) e Jean-Baptiste Huet II (1772–1852) alistáronse no exército de Seine-et-Oise. Nicolas chegou a tenente e participou na batalla de Jemappes. Entre 1798 e 1801 participou nas esploracións científicas e artísticas de Napoleón Bonaparte en Exipto e ilustrou os informes do goberno. Era un acuarelista e gravador destro que axiña gañou fama como debuxante da natureza. En outubro de 1804, desois da morte do debuxante Pierre Oudinot, obtivo o posto de pintor no Muséum national d’histoire naturelle e da coleción de animais da emperatrix Xosefina, onde pintou unha serie de retratos de réptiles, aves e plantas. Ilustrou tamén traballos dos naturalistas Étienne Geoffroy Saint-Hilaire e Georges Cuvier.

Pintou imaxes de plantas e froitos para a biblioteca do Muséum national d’histoire e unha serie de 246 debuxos de animais en pergameo que foi publicda en 1806. Entre 1823 e 1830 foi profesor de iconografía dos animais e espuxo debuxos e acuarelas de tema zoolóxico en varios salóns. Recibiu encargos para facer retratos de animás, a miúdo sobre pergameo, de personalidades como Federico Augusto II de Saxonia . Pintou 120 acuarelas para o duque de Orleans.

Huet foi un dos seis debuxantes que ilustraron as mostras zoolóxicas recollidas por Louis de Freycinetna súa circunavegación do mundo (1817–1820). E colaboración con Jean-Gabriel Prêtre preparou placas de cobre para a obra ornitolóxica Nouveau recueil de planches coloriées d'oiseaux, pour servir de suite et de complément aux planches enluminées de Buffon de Coenraad Jacob Temminck, que foi publicada en cinco tomos entre 1820 e 1838. Ilustrou tamén a Histoire naturelle des mollusques terrestres et fluviatiles de André Étienne d’Audebert de Férussac e Gérard Paul Deshayes. En 1822 tomou a praza de director dos cursos de iconografía no Muséum national d’histoire naturelle.

Huet, que non tivo fillos, morreu en 1830 no seu domicilio de París.

Coenraad Jacob Temminck nomeu un papagaio suramericano (Touit huetii) en honra de Nicolas Huet.[1]

GaleríaEditar

Escolma de ilustracións de Nicolas Huet:

NotasEditar

  1. Coenraad Jacob Temminck, Tafel 491 & Text (Lieferung 83)

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar