Nicolae Ceaușescu

(Redirección desde «Nicolae Ceaucescu»)

Nicolae Ceaușescu, nado en Scornicești o 26 de xaneiro de 1918 e finado en Târgoviște o 25 de decembro de 1989, foi un político comunista e ditador romanés.

Nicolae Ceaușescu
Nicolae Ceaușescu.jpg
Nacemento26 de xaneiro de 1918
Lugar de nacementoScornicești
Falecemento25 de decembro de 1989
Lugar de falecementoTârgoviște
Causaferida por arma de fogo
SoterradoCemitério Ghencea
NacionalidadeReino de Romanía e República Socialista de Romanía
Alma máterUniversity of Nice Sophia Antipolis, Academia Militar M. V. Frunze e Bucharest Academy of Economic Studies
Ocupaciónpolítico, militar e zapateiro
CónxuxeElena Ceaușescu
FillosZoia Ceaușescu, Nicu Ceaușescu e Valentin Ceaușescu
IrmánsIon Ceaușescu
PremiosOrder of the Hero of Socialist Labour, Orden de karl Marx, Gold Olympic Order, Oficial da Lexión de Honra, Gran Cruz da Orde de San Olaf, Grand Cross of the Order of the Southern Cross, Collar of the Spanish Order of the Civil Merit, Hero of the Socialist Republic of Romania, Order of the Victory of Socialism, Star of the Socialist Republic of Romania, 1st class, Orde da Revolución de Outubro, Medalha do Jubileu "Em Comemoração ao 100.º Aniversário do Nascimento de Vladimir Ilitch Lenin", Jubilee Medal "Twenty Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945", Jubilee Medal "Thirty Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945", Medal "For Strengthening of Brotherhood in Arms", Gran Cruz Especial da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Order of the Yugoslavian Great Star, Order of Stara Planina, Ordem do Serafim, Knight of the Order of the Elephant, Cabaleiro gran cruz da Orde do Baño, Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana, Grande-Colar da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada, Order of Sikatuna, anniversary medal at the occasion of the 2500th anniversary of the founding of the Iranian Empire, Orde de José Martí, Ordem do Libertador San Martin, Orde de Lenin, Hero of Socialist Labor, Grande Estrela da Condecoración por Servizos á República de Austria, Jubilee Medal "Forty Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945", Order of the Crown of the Realm, honorary doctor of Lebanese University e Honorary Doctorate of University of Buenos Aires
Na rede
http://www.ceausescu.org
IMDB: nm0147476 Allocine: 442100 Allmovie: p661518
Discogs: 4342728 WikiTree: Ceaușescu-1 Find a Grave: 6068 Editar o valor em Wikidata
Nicolae Ceaușescu Signature 2.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu na vila de Scornicești, Oltenia, Romanía. Segundo algunhas versións, mentres era empregado dun zapateiro estaba vagando nunha estación de ferrocarril e roubou unha maleta, o que foi descuberto pola Policía. A maleta resultou estar repleta de panfletos do Partido Comunista Romanés polo que foi levado preso a Doftana, xunto con outros comunistas. Dise que este foi o seu primeiro contacto co comunismo.

Foi membro do ilegal Partido Comunista Romanés (PCR) no período anterior á segunda guerra mundial. Ceaușescu estivo preso entre 1936 e 1940 polas súas actividades. Logo da guerra, cando Romanía empezou a caer baixo a influencia soviética, Ceaușescu exerceu como secretario da Unión de Mocidades Comunistas (1944-45). Despois de que os comunistas tomaron o poder en Romanía en 1947, asumiu o cargo de ministro de Agricultura e despois serviu como ministro subrogante das Forzas Armadas no goberno leninista de Gheorghe Gheorghiu-Dej. Ceaușescu eventualmente ascendeu ata a segunda posición na xerarquía do Partido.

Coa morte de Gheorghiu-Dej en marzo de 1965, Ceaușescu converteuse en líder do PCR e en 1967 chegou á presidencia do Consello do Estado. Rapidamente converteuse nunha figura popular, grazas á súa política independente, que desafiaba a supremacía da Unión Soviética no país.

Nos anos 60 rematou coa participación activa de Romanía na alianza militar do Pacto de Varsovia, destacando a súa condena á invasión de Checoslovaquia en 1968. En 1974 Ceaușescu converteuse en presidente de Romanía, mantendo a súa posición independente nas relacións internacionais. Por iso, en 1984, o seu país foi un dos dous países pertencentes ao eixo comunista que participaron nos Xogos Olímpicos de Los Angeles 1984. Ademais, o país foi o primeiro do bloque do leste en ter relacións oficiais coa Comunidade Europea.

Con todo, Ceaușescu non quixo realizar reformas liberais. A evolución do seu réxime seguiu a ruta leninista imposta por Gheorghiu-Dej. A súa oposición ao control soviético foi maiormente determinada pola súa falta de vontade de cambiar a súa política estalinista. A policía secreta romanesa (Securitate), mantivo un firme control sobre a liberdade de expresión e os medios de comunicación e non tolerou a existencia algunha de oposición. Isto intensificouse nos anos 80.

Para pagar a débeda externa acumulada produto da industrialización acelerada na década anterior, ordenou a exportación de gran parte da produción agrícola e industrial do país. O resultado foi a escaseza de comida, enerxía e medicamentos, que provocou que a vida diaria dos romaneses fose unha loita pola supervivencia. Ceaușescu ademais instituíu un culto á súa persoa, dándose a si mesmo o título de Conducător, tendo ata un cetro feito para el como presidente. Tamén múltiples membros da súa familia tiveron importantes posicións no seu goberno, como a súa muller Elena Ceaușescu.

En 1978 Ion Mihai Pacepa, un experimentado membro do Securitate, desertou a Estados Unidos, o que foi un duro golpe para o réxime e levouno a redeseñar a arquitectura da policía secreta. O libro de Pacepa, Horizontes vermellos: Crónicas dun espía comunista (1986), sinala que o réxime de Ceaușescu colaborou con terroristas árabes e realizou espionaxe a industrias de países occidentais.

Empezando en 1972, Ceaușescu instituíu un programa de sistematización, que foi promulgado como unha forma de construír unha «sociedade socialista desenvolvida multilateral». O programa de demolición, construción e recolocación empezou nas zonas rurais, terminando co intento de remodelar completamente a capital. Un quinto das construcións de Bucarest, incluíndo igrexas e edificios históricos, foron botados abaixo, e substituídos por edificacións que seguían o estilo personalista do réxime. Moita xente morreu durante a construción do "Palacio do Pobo" (Casa Poporului), en Bucarest, o que actualmente ocupa o Parlamento e que é o segundo edificio máis grande do mundo, despois do Pentágono. Tamén planificou a demolición de múltiples vilas para mover aos seus habitantes a edificios de bloques nas cidades, como parte do seu programa de urbanización e industrialización.

O réxime de Ceaușescu colapsou tras ordenarlles ao Exército e á Securitate disparar en contra de protestantes anticomunistas en Timișoara o 17 de decembro de 1989. A rebelión ampliouse polo país, chegando a Bucarest e o 22 de decembro as Forzas Armadas fraternizaron cos protestantes. O mesmo día Ceaușescu e a súa esposa fuxiron da capital nun helicóptero, mentres un axudante apuntaba a cabeza do piloto cunha pistola. O piloto aterrou tras simular un fallo mecánico e Ceaușescu foi capturado polas Forzas Armadas nun bloqueo de estrada.

O 25 de decembro Ceaușescu e a súa muller foron condenados á morte por unha "Corte marcial" nun xuízo sumario baixo unha serie de cargos, entre os que se inclúen o xenocidio, sendo executados en Târgovișche. Algunhas secuencias destes sucesos foron transmitidas pola televisión Romanesa. Romanía foi o único país de Europa oriental que derrocou violentamente ao seu réxime comunista.

Logo da caída de Ceaușescu, Ion Iliescu gañou as eleccións presidenciais en 1990.