Abrir o menú principal

Elena Ceaușescu

política romanesa

Elena Ceaușescu, de solteira Elena Petreșcu, nada en Balotești o 7 de xaneiro de 1916 e finada en Târgovișche o 25 de decembro de 1989, foi viceprimeira Ministra de Romanía (1952 - 1989) e dona do presidente romanés Nicolae Ceaușescu.

Elena Ceaușescu
Elena Ceausescu portrait.jpg
Datos persoais
Nacemento7 de xaneiro de 1916
 Balotești
Falecemento25 de decembro de 1989
 Târgovișche
OrganizaciónPartido Comunista Romanés
CónxuxeNicolae Ceaușescu
FillosNicu Ceaușescu, Zoia Ceaușescu e Valentin Ceaușescu
Alma máterUniversidade de Bucarest
ProfesiónPolítica e química
Elena Ceausescu signature.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nada nunha familia pobre nun pobación preto de Targoviște, trasladouse co seu irmán a Bucarest despois da finalización da escola primaria. En 1937 ingresou ao Partido Comunista (PCR), onde coñecería a Nicolae Ceaușescu en 1939, co que casaría en 1945.

Elena Ceaușescu rematou a carreira de química en 1967. Até a elección de Nicolae como Secretario Xeral do PCR, Elena tivo diversos postos de variable importancia, como secretaria do Ministerio de Asuntos Exteriores. Co ascenso do seu home, Elena comezou a tomar posicións importantes na estrutura estatal e a dirección do PCR. Dende 1979 Elena era a segunda persoa en importancia de Romanía, co título de Vice Primeira Ministra.

Trala Revolución romanesa de 1989, o 25 de decembro de 1989, Elena e mailo seu home foron condenados a morte por un tribunal creado ex profeso nun xuízo sumario sen ningunha garantía xurídica, validez legal nin posibilidade de defenderse das acusacións, baixo os seguintes cargos: xenocidio, dano á economía nacional, enriquecemento inxustificable e uso das Forzas Armadas en accións en contra de civís. Foron executados por fusilamento nun cuartel militar en Târgovișche. Estes sucesos foron transmitidos pola televisión romanesa días despois para acougar á poboación, xa que seguía habendo combates entre os partidarios e opositores a Ceaușescu.

NotasEditar

Véxase taménEditar