Nicolò Melli
Nicolò Melli, nado o 26 de xaneiro de 1991 en Reggio Emilia, é un xogador profesional de baloncesto italiano que actualmente xoga para o Olimpia Milano da Lega Basket Serie A.
Olimpia Milano | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 26 de xaneiro de 1991 (33 anos) Reggio Emilia |
Nacionalidade | Italia Estados Unidos |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 107 kg (235 lb) |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2013 / Rolda: Sen draftear |
Carreira | dende 2007 |
Historial de equipos | |
Reggiana (2007–2010) Olimpia Milano (2010–2015) → VL Pesaro (2011) Brose Bamberg (2015–2017) Fenerbahçe (2017–2019) New Orleans Pelicans (2019–2021) Dallas Mavericks (2021) Olimpia Milano (2021–presente) |
Traxectoria editar
O 8 de xullo de 2017, Melli asinou un contrato de tres anos co Fenerbahçe.[1]
O 25 de xullo de 2019, Melli asinou cos New Orleans Pelicans.[2] O 22 de outubro de 2019, Melli debutou na NBA facendo 14 puntos, 5 rebotes e 2 asistencias na derrota dos Pelicans por 122–130 contra os Toronto Raptors.[3] O 12 de febreiro de 2020, Melli substituíu a Deandre Ayton para disputar co World Team o Rising Stars Challenge do All-Star Weekend da NBA de 2020.[4]
O 26 de marzo de 2021, Melli foi traspasado ós Dallas Mavericks xunto a JJ Redick a cambio de James Johnson e Wes Iwundu.[5]
O 9 de xullo de 2021, fíxose oficial a volta de Melli ó baloncesto europeo, tras asinar co Olimpia Milano italiano un contrato por tres tempadas.[6]
Notas editar
- ↑ "Fenerbahce adds All-EuroLeague forward Melli to the mix". Euroleague.net. 8 de xullo de 2017. Consultado o 8 de xullo de 2017.
- ↑ Pelicans sign Nicolò Melli
- ↑ "VanVleet scores career-high 34, Raptors top Pelicans 130–122". ESPN. 22 de outubro de 2019. Consultado o 22 de outubro de 2019.
- ↑ "New Orleans' Melli to replace Phoenix's Ayton in 2020 NBA Rising Stars". National Basketball Association. Consultado o 13 de febreiro de 2020.
- ↑ "Mavs acquire sharpshooting guard Redick in trade with Pelicans". mavs.com. 26 de marzo de 2021.
- ↑ Nicolo Melli regresa a Europa y volverá a vestir la camiseta del Armani Milán
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 28 de marzo de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en Euroleague.net (en inglés)