Nicéforo Blemides
Nicéforo Blemides (en grego: Νικηφόρος Βλεμμύδης), nado en Constantinopla en 1197 e finado en Éfeso en 1272, foi unha figura literaria bizantina do século XIII.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1197 (Gregoriano) Constantinopla |
Morte | c. 1269 (Gregoriano) (71/72 anos) Constantinopla |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Bizantino |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía, poesía, educación, teoloxía, medicina e monkish life (en) |
Lugar de traballo | Imperio Bizantino Asia Minor (en) |
Ocupación | astrónomo , poeta , mestre , teólogo , médico , filósofo , autobiógrafo , monxe |
Alumnos | Xurxo Acropolita |
Lingua | Grego antigo |
Traxectoria
editarNaceu en 1197 en Constantinopla como o segundo fillo dun médico. Despois da conquista de Constantinopla polas forzas da Cuarta Cruzada en 1204, emigrou a Asia Menor. Alí recibiu unha educación liberal en Prusa, Nicea, Esmirna e Escamandro. Blemides estudou medicina, filosofía, teoloxía, matemáticas, astronomía, lóxica e retórica. Cando finalmente adquiriu unha carreira como clérigo, tomou parte activa nas controversias teolóxicas entre a Igrexa Ortodoxa Oriental e a Igrexa católica, escribindo tratados sobre a Procesión do Espírito Santo, avogando polo uso occidental.
Blemides tamén fundou unha escola na que ensinou a estudantes como o príncipe Teodoro II Láscaris e Xurxo Acropolita. Nos seus últimos anos, Blemides converteuse nun monxe e retirouse a un mosteiro que el mesmo construíu en Éfeso. Morreu en 1272.
Obras publicadas
editar- Autobiographia (Curriculum Vitæ)
- Epistula universalior
- Epitome logica
- Epitome physica
- Expositio in Psalmos
- De processione Spiritus Sancti
- De regia pellice templo ejecta (Sobre a concubina real expulsada do templo)
- De regis oficiis (Dos deberes do rei)
- Laudatio Sancti Ioanni Evangelistae
- Orationes de vitae fine
- Regia statua
- Sermo ad monachos suos (Sermón aos seus monxes)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- P. A. Agapitos, "Blemmydes, Laskaris and Philes," in Byzantinische Sprachkunst. Studien zur byzantinischen Literatur gewidmet Wolfram Hoerandner zum 65. Geburtstag. Hg. v. Martin Hinterberger und Elisabeth Schiffer. Berlín-Nova York, Walter de Gruyter, 2007 (Byzantinisches Archiv, 20), 6-19; Bildtafel I-II