Cobra de colar

(Redirección desde «Natrix astreptophora»)

A cobra de colar[1][2] ou cobra de auga de colar[2] (Natrix astreptophora) é unha cobra non velenosa da familia Colubridae, propia da Península Ibérica. Ata recentemente foi considerada unha subespecie da cobra de colar eurasiática, ou Natrix natrix.

Cobra de colar
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Serpentes
Familia: Natricidae
Subfamilia: Natricinae
Xénero: Natrix
Especie: N. astreptophora
Nome binomial
Natrix astreptophora
(Seoane, 1885)

subespecies
  • Natrix astreptophora astreptophora (Europa)
  • Natrix astreptophora algerica (África)
Sinonimia
  • Coluber distinctus, Gravenhorst, 1807
  • Coluber sparsus, Schreiber, 1875
  • Tropidonotus natrix var. astreptophorus, Seoane, 1885
  • Natrix natrix algirus, Sochurek, 1979
  • Natrix natrix astreptophora, Malkmus, 1990

Distribución editar

A cobra de colar é unha especie de serpe distribuída pola Península Ibérica e pola parte occidental de Francia, así como polo norte de África, nunha freita descontinua que inclúe un núcleo no norte de Marrocos (de Fez a Tánxer) e a costa alxeriana ata Tunisia[3].

Descrición editar

Pode chegar a medir dous metros de lonxitude, pero os adultos adoitan ter arredor de 120 cm. Ten o corpo groso, a testa redondeada e os ollos de pupilas redondas. A cor é moi variable: a máis común é parda ou verde escuro, aínda que poden aparecer dende cor gris ata negro; coa parte inferior do corpo máis clara. Presenta manchas negras. Algúns individuos teñen un colar característico de cor amarela ou alaranxada. É unha especie de vida diúrna que se alimenta de anfibios (especialmente de ras e sapos), e pode chegar a cazar pequenos mamíferos e peixes. As femias son meirandes que os machos.

Galería editar

Notas editar

  1. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 85. Real Academia Galega.
  2. 2,0 2,1 Daviña Facal, Luís (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 996. ISBN 84-95335-46-8
  3. Reptile-Database: Natrix astreptophora.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.