Naoko Sano, nada en Toquio en 1970, é unha mestra e investigadora xaponesa de sociolingüística e en francés.[1]

Naoko Sano
Nacemento1970
Lugar de nacementoToquio
NacionalidadeXapón
Alma máterHitotsubashi University e Universidade de Montpellier
Ocupaciónlingüista, profesor de educación superior e historiadora
editar datos en Wikidata ]

Despois de ter descuberto o occitano no Xapón, decidiu facer unha parte dos seus estudos na Universidade de Montpellier para poder aprender a lingua occitana.

En 2004, levou a cabo un estudo das súas motivacións de emprego do occitano, o cal lle valeu La pluma e lo còr da Chambra d'Òc.[2] O mesmo ano, recibiu o Premio da Vocación provenzal, entregado pola Fundación Loís Voland.[3]

No presente, ensina na Universidade de Nagoia.[4]

Notas editar

  1. Research Gate. "Naoko Sano" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  2. "devís de Naoko Sano a la Chambra d'Òc.". 
  3. "Le lavandin provençal pousse à Bruxelles". 
  4. Revista tècnica de Política Lingüística (2008). "Vocabulari occitan-japonès" (en catalán). pp. 104–105. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 5 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Naoko, Una lengua y un chamin, coa colaboración de Chambra de òc.
  • Naoko, Vocabulario occitano-japonés, difundido en Occitania por IDECO.