Naisten SM-sarja 1987-1988

tempada 1987-1988 da Naisten Liiga

A tempada 1987-1988 da Naisten SM-sarja foi a sexta tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Un total de oito equipos tomaron parte na competición.

Modelo:Competición deportivaNaisten SM-sarja 1987-1988
TipoAuroraliiga Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísFinlandia Editar o valor en Wikidata

1986 Editar o valor en Wikidata

Ao final da tempada o Ilves de Tampere conseguiu o seu cuarto título consecutivo.

Estrutura da tempada

editar

A competición xogouse nun único grupo e só se disputou unha liga regular, co cal o equipo que finalizou primeiro na liga regular proclamouse campión finlandés.[1]

O sistema de puntuación concedeu dous puntos pola vitoria, un polo empate e o equipo perdedor non sumaba ningún punto.

Equipos participantes

editar
Nome Cidade
EVU   Vantaa
Ilves   Tampere
HIFK   Helsinqui
SaiPa   Lappeenranta
Shakers   Kerava
Sport   Vaasa
Tiikerit   Hämeenlinna
Ässät   Pori

Liga regular

editar

Ao final da liga regular o Ilves de Tampere proclamouse campión logo de gañar os 14 partidos que disputou e sumar 28 puntos, mentres que o EVU de Vantaa se levou a prata (20 puntos), e o HIFK de Helsinqui o bronce (16 puntos). O Ilves foi ademais o equipo máis goleador (106 goles a favor) e menos goleado (13 goles en contra). Por contra as Tiikerit de Hämeenlinna foron o equipo que menos goles anotou (16), e o máis goleado (94). O Ilves conseguiu as maiores goleadas da tempada, rexistrando cinco partidos con 10 ou máis goles anotados e tres con máis de 10 goles de diferenza.[2]

Ao final da tempada as Tiikerit descenderon logo de finalizar na derradeira posición, recuperando as Ilves-Kiekko de Tampere o lugar que ocuparan na tempada precedente.[2]

Clasificación
Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts
1 Ilves 14 14 0 0 106 13 +93 28
2 EVU 14 9 2 3 48 21 +27 20
3 HIFK 14 7 2 5 35 32 +3 16
4 Sport 14 6 2 6 60 45 +15 14
5 Shakers 14 5 1 8 36 50 -14 11
6 Ässät 14 5 0 9 31 59 -28 10
7 SaiPa 14 3 3 8 25 43 -18 9
8 Tiikerit 14 2 0 12 16 94 -78 4
Resultados
Ilves EVU HIFK Sport Shakers Ässät SaiPa Tiikerit
Ilves 3-1 4-0 12-3 8-2 10-2 2-0 17-0
EVU 0-3 1-2 5-4 1-1 4-2 4-3 7-0
HIFK 1-6 1-1 4-3 2-3 2-4 2-2 3-1
Sport 2-7 1-4 2-3 6-2 9-0 2-2 5-1
Shakers 1-6 0-4 3-1 3-7 1-4 1-3 6-3
Ässät 1-5 0-5 2-3 1-3 1-4 1-5 5-4
SaiPa 0-11 1-5 0-3 1-1 3-2 3-4 0-2
Tiikerit 0-12 0-6 0-8 0-12 1-7 1-4 3-2

Anotadoras

editar

Ao finalizar a liga regular, a xogadora do Sport de Vaasa Sari Krooks foi a máxima puntuadora con 45 puntos (38 goles e 7 asistencias). Krooks foi ademais a máxima goleadora, mentres que Anne Nurmi e Marianne Ihalainen (ambas do Ilves) foron as máximas asistentes con 13 asistencias.[2]

Xogadora Equipo  PX  G   A  Pts PIM
Sari Krooks Sport 14 38 7 45 22
Anne Nurmi Ilves 14 21 13 34 26'
Marianne Ihalainen Ilves 14 20 13 33 0
Anne Haanpää Ilves 14 17 7 24 18
Hanna Hakala Sport 14 11 7 18 0
Minna Nisula Ilves 14 10 8 18 2
Jaana Peltonen Ilves 13 10 8 18 10
Sari Fisk Ässät 14 13 2 15 10
Kirsi Rasa SaiPa 14 8 7 15 14
Tea Repo EVU 13 7 8 15 20

Equipo campión

editar

O equipo do Ilves que conquistou o campionato finlandés feminino en 1988 estivo integrado polas seguintes xogadoras:[3]

Campión feminino de Finlandia


Ilves

Porteiras: Kati Ahonen, Katri Ahvenjärvi

Patinadoras: Anne Nurmi, Marianne Ihalainen, Anne Haanpää, Minna Nisula, Jaana Peltonen, Päivi Halonen, Jaana Rautavuoma, Maarit Virtanen, Leena Majaranta, Leena Pajunen, Liisa Mäenpää, Heli Rekimies, Tuija Ripatti

  1. "NAISTEN SM-HISTORIA". JÄÄKIEKKOKIRJA 2023 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 253. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Finnish Women's Hockey League Results" (en inglés). whockey.com. Consultado o 28 de abril de 2023. 
  3. "1988 Ilves" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de abril de 2023. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar