Naisten SM-sarja 1986-1987

5ª edición da Naisten Liiga

A tempada 1986-1987 da Naisten SM-sarja foi a quinta tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Un total de oito equipos tomaron parte na competición.

Naisten SM-sarja 1986-1987
Liga Naisten SM-sarja
Deporte Hóckey sobre xeo
Campión Ilves
Subcampión EVU
Anotador Finlandia Sari Krooks (Sport)
Naisten SM-sarja
← 1985-86 1987-88 →

Ao final da tempada o Ilves de Tampere conseguiu o seu terceiro título consecutivo.

Estrutura da tempada editar

Por segundo ano consecutivo, a competición xogouse nun único grupo e só se disputou unha liga regular, co cal o equipo que finalizou primeiro na liga regular proclamouse campión finlandés.[1]

O sistema de puntuación concedeu dous puntos pola vitoria, un polo empate e o equipo perdedor non sumaba ningún punto.

Equipos participantes editar

Nome Cidade
EVU   Vantaa
Ilves   Tampere
Ilves-Kiekko   Tampere
HIFK   Helsinqui
Shakers   Kerava
SaiPa   Lappeenranta
Sport   Vaasa
Ässät   Pori

Liga regular editar

Ao final da liga regular o Ilves de Tampere proclamouse campión logo de gañar 13 dos 14 partidos que disputou e sumar 26 puntos. O equipo de Tampere só perdeu na súa visita ao EVU de Vantaa, que se levou a prata (21 puntos), mentres que o bronce foi para as recentemente ascendidas Shakers de Kerava (19 puntos). O Ilves foi ademais o equipo máis goleador (114 goles a favor) e menos goleado (25 goles en contra). Por contra o SaiPa de Lappeenranta foi o equipo que menos goles anotou (24), e o Ilves-Kiekko de Tampere foi o equipo máis goleado (124). O Ilves conseguiu as maiores goleadas da tempada, rexistrando cinco partidos con 10 ou máis goles anotados e dous con máis de 10 goles de diferenza.[2]

Ao final da tempada o Ilves-Kiekko descendeu logo de finalizar na derradeira posición, pasando as Tiikerit de Hämeenlinna a ocupar a súa praza na tempada seguinte.[2]

Clasificación
Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts
1 Ilves 14 13 0 1 114 25 +89 26
2 EVU 14 11 1 2 52 28 +24 23
3 Shakers 14 7 2 5 54 49 +5 16
4 Sport 14 7 0 7 56 55 +1 14
5 Ässät 14 5 2 7 46 44 +2 12
6 HIFK 14 6 0 8 33 39 -6 12
7 SaiPa 14 1 3 12 24 52 -28 5
8 Ilves-Kiekko 14 2 0 12 36 124 -88 4
Resultados
Ilves EVU Shakers Sport Ässät HIFK SaiPa Ilves-K
Ilves 1-2 5-4 11-2 6-1 7-0 10-1 17-3
EVU 1-5 2-0 4-2 3-1 4-2 4-0 8-0
Shakers 3-9 3-6 7-6 3-8 3-2 3-0 10-2
Sport 3-6 2-6 2-4 4-1 5-1 6-3 9-2
Ässät 2-7 3-4 1-1 4-6 4-0 2-2 10-2
HIFK 0-5 2-3 1-2 2-0 3-1 3-0 9-4
SaiPa 3-10 1-1 2-2 0-1 0-3 0-1 10-3
Ilves-K 0-15 6-5 3-9 4-8 2-5 1-7 4-2

Anotadoras editar

Ao finalizar a liga regular, a xogadora do Sport de Vaasa Sari Krooks foi a máxima puntuadora con 45 puntos (35 goles e 10 asistencias). Krooks foi ademais a máxima goleadora, mentres que Marianne Ihalainen (Ilves) foi a máxima asistente con 14 asistencias.[2]

Xogadora Equipo  PX  G   A  Pts PIM
Sari Krooks Sport 12 35 10 45 30
Marianne Ihalainen Ilves 14 25 14 39 4
Anne Haanpää Ässät 14 19 12 31 8
Jaana Peltonen Ilves 14 16 10 26 2
Päivi Virta Ilves 13 12 13 25 30
Tiia Reima Ilves-Kiekko 14 23 1 24 10
Anne Nurmi Ilves 12 15 8 23 14
Jaana Rautavuoma Ilves 14 14 9 23 20
Minna Nisula Ilves 14 11 11 22 2
Satu Huotari Shakers 13 10 9 19 2

Equipo campión editar

O equipo do Ilves que conquistou o campionato finlandés feminino en 1987 estivo integrado polas seguintes xogadoras:[3]

Campión feminino de Finlandia


Ilves

Porteiras: Kati Ahonen, Katri Siljamäki

Patinadoras: Marianne Ihalainen, Jaana Peltonen, Päivi Virta, Anne Nurmi, Jaana Rautavuoma, Minna Nisula, Maarit Virtanen, Leena Majaranta, Leena Pajunen, Minna Katajisto, Tuija Ripatti, Heli Rekimies, Liisa Mäenpää

Notas editar

  1. "NAISTEN SM-HISTORIA". JÄÄKIEKKOKIRJA 2023 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 253. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Finnish Women's Hockey League Results" (en inglés). whockey.com. Consultado o 28 de abril de 2023. 
  3. "1987 Ilves" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de abril de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar