Nacionalismo saharauí

O nacionalismo saharauí (en árabe: القومية الصحراوية) é unha ideoloxía política que busca a autodeterminación do pobo saharauí, a poboación orixinaria do Sáhara Occidental. Historicamente foi representado pola Fronte Polisario.[1] Xurdiu como unha reacción ás políticas colonialistas españolas impostas dende 1958, e posteriormente en reacción ás invasións de Mauritania e Marrocos a partir de 1975.[1]

Bandeira da República Árabe Saharauí Democrática.
A activista saharauí, Tecber Ahmed Saleh, explicando as orixes do nacionalismo saharauí, 2019.

O nacionalismo saharauí defende a identidade do pobo saharauí e busca un referendo de autodeterminación e para acadar a independencia total do Sáhara Occidental.

As súas principais ideoloxías opostas foron colonialismo español (Sáhara Español, 1884-1975), o irredentismo mauritano (Tiris al-Gharbiyya, 1975-1979), o irredentismo marroquí (Provincias do Sur, 1975-presente) e o panarabismo.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Tony Hodges (1983). "The origins of Saharawi nationalism". Third World Quarterly 5 (1): 28–57. doi:10.1080/01436598308419678. 
  2. Abdalahe, M'beirik Ahmed (outubro de 2015). "EL NACIONALISMO SAHARAUI. DE ZEMLA A LA ORGANIZACION DE LA UNIDAD AFRICANA." (PDF). PDF (Universidade das Palmas de Gran Canaria). Consultado o 7 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar