Néstor o Cronista

Néstor o Cronista, nado en Kíiv en 1050 e finado na mesma cidade en 1114,[1] foi un monxe dun mosteiro de Kíiv ao que se lle atribúe unha das primeiras Crónicas dos Eslavos do Leste, ou Crónica de Néstor. É, ademais, o autor da Vida de Teodosio e das Vidas de Borís e Gleb, nos anos 1080, con motivo do traslado das reliquias destes santos a Vishgorod, no ano 1072.[1]

Néstor o Cronista
Nacementoc. 1056
Lugar de nacementoKíiv
Falecemento1114
Lugar de falecementoKíiv
SoterradoMonastério de Kiev-Petchersk
NacionalidadeRus de Kíiv
RelixiónCristianismo ortodoxo
Ocupaciónescritor, historiador, hagiographer, monxe e cronista
Coñecido porCrónica de Néstor
editar datos en Wikidata ]
San Néstor o Cronista.
Néstor o Cronista, 1661

Da súa vida só se sabe que se lle encargou recuperar as reliquias de San Teodosio (misión na que tivo éxito).[1] Especúlase que ademais apoiaba ao príncipe Sviatopolk II e ao seu partido proescandinavo, mentres que non lle gustaba a influencia grega en Kíiv.

A súa crónica comeza co diluvio universal, e mostra que coñecía moi ben a outros historiadores bizantinos, como Xoán Malalas e Xurxo o Monxe. Na súa crónica mestúranse tamén moitas lendas e, probabelmente, inclúe fragmentos de antigos poemas épicos que se perderon.

Aínda que como testemuña presencial só puido escribir acerca dos reinados de Vsélovod I e Sviatopolk II (1078-1112), puido utilizar as testemuñas doutras persoas (como Giurata Rógovich de Nóvgorod e o nobre Ian Vishátich) para escribir doutras épocas e rexións. Moitos dos detalles etnolóxicos mencionados por Néstor son de grande importancia para os estudos actuais.

A opinión moderna é que a Crónica de Néstor é unha mestura de distintos autores, e que se lle atribúe a el ben sexa porque escribiu a maior parte ou porque recompilou os fragmentos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar