Xoán Malalas

Xoán Malalas ou Xoán Malelas (Ioannes Malalas ou Ioannes Malelas, en grego Ἰωάννης ὁ Μαλέλα ou Μαλάλα) foi un historiador bizantino nativo de Antioquía, situado entre o século VII e o século IX. Malalas ou Malelas é unha palabra do siríaco e quere dicir orador.

Xoán Malalas
Nacementoc. 490 e c. 491
Lugar de nacementoAntioquía do Orontes
Falecementoc. 578 e 578
Lugar de falecementoConstantinopla
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupaciónhistoriador
Coñecido porChronographia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Escribiu unha historia entre a creación do mundo e a expedición de Marciano o sobriño de Xustiniano I a África (co cal acaba repentinamente). A historia está chea de feitos absurdos e outros curiosos, e só ten importancia pola época de Xustiniano e os seus inmediatos antecesores; outros emperadores son tratados moi brevemente (Arcadio só ten sete liñas) especialmente os do oeste. O estilo é bárbaro excepto cando copia outros.