Planudes
Planudes (en latín Planudes, en grego Πλανούδης) tamén chamado Planudes Máximo, foi un monxe e erudito Constantinopolitano da época romana oriental.
Nome orixinal | (el) Μάξιμος Πλανούδης |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1260 (Gregoriano) Nicomedia |
Morte | c. 1305 (44/45 anos) Constantinopla, Turquía |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Ocupación | teólogo, escritor, historiador, filósofo, filólogo, monxe, tradutor, poeta |
Alumnos | Manuel Moschopoulos (en) e Dimitrios Triclinius (en) |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarNaceu en Nicomedia de Bitinia (hoxe Izmit). Distinguiuse como teólogo, gramático e retórico, pero o seu papel máis interesante foi o de compilador das coleccións de poetas gregos menores (coñecidos como grilandas ou antoloxías, (Στέφανοι, ̓Ανθολογίαι). Viviu en Constantinopla na primeira metade do século XIV.
Andrónico II Paleólogo enviouno como embaixador a Venecia en 1327. Descoñécense outros fitos da súa vida pública ou privada.
As súas obras individuais non teñen a suficiente importancia para ser enumeradas unha a unha e é necesario agrupalas tematicamente:
- oracións e homilías.
- traducións do latín ao grego: o Soño de Escipión, incluído na República de Cicerón, As metamorfoses de Ovidio, a Disticha de Moribus de Dionisio Catón, o Consolo da filosofía, de Boecio, a Ars grammatica de Elio Donato, a Guerra das Galias, de Xulio César, A cidade de Deus de Agostiño de Hipona.
- dúas obras gramaticais.
- unha colección de Fábulas de Esopo.
- algunhas obras aritméticas entre as que se atopan importantes comentarios sobre a Aritmética de Diofanto.
- algúns traballos de historia natural.
- comentarios sobre retóricos gregos.
- un poema en 47 versos hexámetros e algún outro poema menor.
A súa obra principal, a Antoloxía de Planudes, foi inicialmente considerada a Antoloxía grega por excelencia ata que se descubriu a Antoloxía de Constantino Céfalas[1].
A Antoloxía de Planudes
editarConsta de sete libros, cada un dos cales, excepto o quinto e o sétimo, está dividido en capítulos e ordenados por orde alfabética. O primeiro libro titúlase Έπιδειτικά (cousas pomposas, cousasostentosas) e recolle epigramas sobre este tema. O segundo, σκωπτικά, fala de temas satíricos. O terceiro, ἐπιτύμβια, é de temática sepulcral, inscricións en túmulos. O cuarto contén inscricións en estatuas de atletas e outras obras de arte. O quinto recolle a Ἔκφρασις de Cristodoro e inscricións e epigramas en estatuas de carros no Hipódromo de Constantinopla. O sexto, ἀναθηματική, reúne maldicións. E o sétimo, ἐρωτικά, fala de cuestións amorosas. Esta distribución é diferente á que fai Agatías na súa colección, coa que ás veces se confundiu. Esta Antoloxía recolle e organiza a de Constantino Céfalas, e engade algúns epigramas diferentes[2].
Notas
editar- ↑ Smith, William (ed.) (1867). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Volum III. Boston: Little, Brown & Comp. p. 385.
- ↑ Smith, William (ed.) (1867). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Volum III. Boston: Little, Brown & Comp. pp. 387–388.