Ermitage
O Ermitage[1] ou Museo Estatal do Ermitage (en ruso Государственный Эрмитаж / Gosudarstvenniy Ermitaž) en San Petersburgo, Rusia, é unha das maiores, máis antigas, importantes e famosas galerías de arte e museos da historia humana e da cultura do mundo. As vastas coleccións do Ermitage están despregadas en seis edificios, sendo un dos principais o Palacio de Inverno que fora a residencia oficial do Tsar das Rusias.
Ermitage | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | museo, museo cultural, museo de arte, atracción turística, complexo de edificios, palacio e museo de historia ![]() | |||
Personalidades | ||||
Fundador/a | Catarina II de Rusia ![]() | |||
Director/a | Mikhail Piotrovsky (en) ![]() ![]() | |||
Entidades | ||||
Ten en propiendade
| ||||
Data | ||||
Fundación | 1764 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Rusia | |||
Cidade federal | San Petersburgo ![]() | |||
Enderezo | Санкт-Петербург, Дворцовая набережная, 34 ![]() | |||
Sede | Palacio de Inverno ![]() | |||
Composto por | ||||
Composto por
| ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | hermitagemuseum.org ![]() | |||
Teléfono | +7 812 710-90-79 ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |


Historia
editarInaugurado en 1852, o museo ocupa catro pazos contiguos, sendo o maior deles o antigo Palacio de Inverno - residencia oficial dos tsares. En 1764 (ano oficial de fundación do Museo) a emperatriz Catarina II de Rusia adquiriu a colección de Johann Ernst Gotzkowsky, a primeira do Museo. En 1865 o Ermitage adquiriu a obra Madona con Neno (Litta Madona), de Leonardo da Vinci. Cinco anos despois, a obra Madona e o Neno (Madona Conestabile), de Rafael, realizada en 1504, en Italia. En 1914, fixo unha nova adquisición de Leonardo da Vinci: a Madona cunha Flor (Madonna Benois).
O importante legado do Ermitage sobre a Arte Occidental comprende obras de Michelangelo, Leonardo da Vinci, Rubens, van Dyck, Rembrandt, Poussin, Claude Lorrain, Watteau, Tiepolo, Canaletto, Canova, Rodin, Monet, Pissarro, Renoir, Cezanne, van Gogh, Gauguin, Picasso e Matisse. Hai moitas máis coleccións, porén, incluíndo artistas da Rusia imperial, unha selección de xoiaría de Fabergé, e a maior colección existente de antiga ourivaría de Europa oriental e Asia occidental.
Notas
editar- ↑ "Ermitage". Diciopedia do século 21 II. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 798.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ermitage |
Ligazóns externas
editar- The State Hermitage Museum (en inglés) / Государственный Эрмитаж (en ruso).
Este artigo sobre cultura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |