More Than A Thousand
More Than a Thousand tamén coñecidos por MTAT son unha banda de Metalcore formada en 2001 e proveniente de Setúbal, Portugal.
More Than A Thousand | |
---|---|
Orixe | Setúbal, |
Período | 2001 - actualidade |
Xénero(s) | Metalcore |
Selo(s) discográfico(s) | Raging Planet |
Membros | Vasco Ramos Filipe Oliveira Sérgio Sousa Ricardo Cabrita Wilson Silva |
Antigos membros | Rui Grenhas Pedro Pais Ricardo de Sousa João Colaço Jorge Felizardo André |
Na rede | |
Sitio oficial | |
Traxectoria editar
Mudanza para Londres editar
O núcleo da banda encóntrase reunido desde o ano de 2001. Cunha campaña promocional de DIY (Do It Yourself) e explosivas actuacións ao vivo, facilmente angariaron unha base de fans bastante vasta no underground portugués. Mudáronse para Londres en 2005 para aumentaren a internacionalización da súa música.
Primeiro álbum editar
O álbum de estrea dos More Than A Thousand, Volume II: The Hollow é un succedáneo do EP: Volume I: Trailers Are Always More Exciting Than Movies. Volume II: The Hollow é descrito pola banda como sendo ‘13 cancións sobre perda, separación e decadencia humana’. Foi gravado e producido en 2006 nos Toteknik studios en Umea, na Suecia, por Pelle Henricsson e Eskil Lovström, o equipo que xa produciu álbums de Refused, Poison The Well, Cult of Luna e Hell Is For Heroes. Foi gravado un vídeo oficial para o mesmo single do álbum 'The Hollow'. Abriran para os 'Incubus', cando estes déran un concerto en Lisboa, no Pavilhão Atlântico.
Traballo posterior editar
En 2007 participaron no Festival Super Bock Super Rock, tendo xa en anos anteriores participado en concertos con grandes bandas internacionais, entre elas os The Dillinger Escape Plan, Morbid Angel e Papa Roach, cos cales ficeran unha tour británica. Entre tanto, regresaron a Portugal.
En 2010 lanzan o seu segundo álbum que colle moi boas críticas entre o público portugués. Vol 4: Make Friends And Enemies é un álbum recheado de enerxía e batidas gratificantes que se poden verificar ao longo das súas 12 excelentes músicas. Foi creado un vídeo oficial para a música "It's Alive (How I Made A Monster)" e aínda un vídeo non-oficial gravado por un amigo da banda para a música "First Bite".
No día 30 de maio de 2010, actuaron perante moitos fans no palco "Sunset" do Rock In Rio 2010, no mesmo día que Ramp e Hail (tamén no palco Sunset) e Rammstein,Motorhead e Megadeth, mentres estes teñan actuado no palco "Mundo". Para o palco os "MTAT" convidaron Rui Veloso, con quen tocaron dúas músicas, e aínda convidaron o vocalista da banda Hills Have Eyes: Fábio Batista.
Influencias editar
Os More Than A Thousand citan como súas influencias maiores os Deftones, Sigur Rós, The Smashing Pumpkins, Björk, Extreme, Nuno Bettencourt, Nine Inch Nails, Faith No More, Refused, e Suicidal Tendencies.
Formación editar
Membros editar
- Vasco Ramos (Voz)
- Filipe Oliveira (Guitarra Ritmo/Coro)
- Sergio Sousa (Guitarra Solo)
- Ricardo Cabrita (Baixo)
- Wilson Silva (Batería)
Ex-Membros editar
- Pedro "Super" Pais (Batería)
- Ricardo De Sousa(Baixo/Back Vocals)
- Rui Grenhas (Baixo)
- João Colaço (Batería
- Jorge Felizardo (Batería)
- André (Vocals)
Videografía editar
- Trip To Gotham City
- None Of Us Will See Heaven
- In Loving Memory
- The Hollow
- It's Alive (How I Made a Monster)
- Roadsick
Discografía editar
- 2001: Those in Glass Houses Shouldn't Throw Stones (EP)
- 2004: Too Many "Teen Massacre" Horror Movies (EP)
- 2004: Volume I: Trailers Are Always More Exciting Than Movies (EP)
- 2005: Two Songs... An Endless Body Count (Demos)
- 2006: Volume II: The Hollow
- 2008: Volume III: Mar (EP)
- 2010: Volume IV: Make Friends and Enemies