Rui Veloso
Rui Manuel Gaudêncio Veloso, nado en Lisboa o 30 de xullo de 1957, é un cantante, compositor e guitarrista portugués.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xullo de 1957 ![]() Lisboa, Portugal ![]() |
Actividade | |
Ocupación | compositor, cantante, guitarrista ![]() |
Período de actividade | 1980 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Blues ![]() |
Instrumento | Guitarra e voz ![]() |
Premios | |
Sitio web | ruiveloso.com.pt ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarAínda que naceu en Lisboa, o cantante mudouse para o Porto con apenas tres meses. Comezou a tocar a harmónica con 6 anos. Moitos considérano como o pai do rock portugués, movemento musical xurdido no inicio da década dos 80. Comezou a súa carreira como intérprete de blues, nunha banda de garaxe chamada Magara Blues.
É apreciador de B.B. King e Eric Clapton, entre outros nomes consagrados. Actuou por dúas veces co primeiro no Coliseu do Porto e no de Lisboa, en concertos aplaudidos pola crítica. É recoñecido internacionalmente como o máis auténtico bluesman português.
A súa obra é notábel e foi xa recoñecida polo Estado Portugués na figura do entón Presidente da República, Mário Soares, que lle atribuíu a Gran Cruz da Orde do Infante. É o segundo nome da música portuguesa que máis páxinas ten destinadas na "Enciclopédia da Música Portuguesa", só superado por Amália Rodrigues.
É responsábel de moitas das cancións que fan parte das lembranzas de cada português, como "Chico Fininho", "Porto Sentido", "Não Há Estrelas No Céu", "Sei de Uma Camponesa ou "A Paixão (Segundo Nicolau da Viola)".
Integrou o agrupamento Rio Grande, en 1996, formado por Tim (Xutos & Pontapés), João Gil (Ala dos Namorados), Jorge Palma e Vitorino, nun estilo de música popular con influencias alentexanas que alcanzou unha considerábel popularidade, gravando dous CDs: Orixinais en 1996 e Ao vivo en 1998. Máis tarde, en 2003 a mesma formación volveu a xuntarse, mais desta vez o proxecto chamaríase Cabeças no Ar e o estilo abandonaría o do primeiro para dar lugar a canciónss nostálxicas que remontan aos tempos da escola. De aí saíron temas aclamados polo público e que hoxe Rui Veloso non deixa de cantar nos seus concertos, como é o caso de "O Primeiro Beijo".
O 2 de xuño de 2006 actuou no Rock in Rio en Lisboa, precedendo os concertos de Carlos Santana e de Roger Waters.
Aínda en 2006 cumpre os 25 Anos de Carreira, ocasión que brinda con tres concertos, dous no Coliseu do Porto e un no Pavillón Atlántico. Neses concertos presentou novos e vellos êxitos de "cara lavada".
Recentemente cumpriu o soño de abrir a súa propia editora: o Estúdio de Vale de Lobos.
Discografía
editarÁbums de estudio
editar- Ar de Rock (1980)
- Fora de Moda (1982)
- Guardador de Margens (1983)
- Rui Veloso (1986)
- Mingos & Os Samurais (1990)
- Auto da Pimenta (1991)
- Lado Lunar (1995)
- Avenidas (1998)
- A Espuma das Canções (2005)
- Rui Veloso e amigos (2012)
En directo
editar- Ao Vivo (1988)
- O Concerto Acústico (2003)
- Rui Veloso ao Vivo no Pavilhão Atlântico (2009)
Recompilacións
editar- O Melhor de Rui Veloso (2000)