Monteferro, Panxón, Nigrán
Monteferro[1] é un lugar da parroquia de Panxón, no concello de Nigrán.
Monteferro | |
---|---|
Península de Monteferro. | |
Parroquia | Panxón |
Concello | Nigrán |
Coordenadas | 42°09′10″N 8°50′33″O / 42.15277778, -8.8425Coordenadas: 42°09′10″N 8°50′33″O / 42.15277778, -8.8425 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición editar
Permite unha visión dende a costa da paisaxe do interior do concello e do litoral da praia de Area Loura (praia América) e a praia de Patos, así como de Baiona e as illas Estelas, dende a súa península.
Ademais da beleza do seu arboredo e as súas vistas, Monteferro destaca polo seu rico patrimonio histórico. Na ladeira noroeste descubriuse en 1993 un depósito arqueolóxico de restos romanos con muros de lousa, un sistema de canalización de augas así como numerosas pezas de cerámica. No seu cumio está o monumento á mariña universal, erixido en 1913 por subscrición popular. Polo camiño que discorre cara ó lado norte do acceso ó faro atópase unha parede utilizada para facer escalada.
Galería de imaxes editar
-
Monumento á Mariña Universal.
-
Peza de artillería abandonada.
-
Illas Estelas desde Monteferro.
Lugares e parroquias editar
Lugares de Panxón editar
Lugares da parroquia de Panxón no concello de Nigrán (Pontevedra) | |
---|---|
A Area Alta | A Barcalleira | A Bouza Vella | A Calzada | A Carballesa | O Carballo da Palma | O Carregal | As Dunas | O Formigón | Gaifar | A Madorra | O Mallón | Monteferro | Paraviñaval | Patos | A Porqueira | Portocelo | A Praia | O Quinteiro | A Rabadeira | O Rial | O Río do Forno | San Xoán | Sancho | O Seixo | A Touza | O Tripeiro | A Veiga da Arca | Xermaña |
Parroquias de Nigrán editar
Notas editar
- ↑ Aínda que no nomenclátor da Xunta Arquivado 04 de abril de 2014 en Wayback Machine. veña co artigo diante, é dicir, O Monteferro, parece tratarse dun erro, pois son moi numerosas as referencias que sinalan que o topónimo é simplemente Monteferro, por exemplo a Deputación de Pontevedra, o Portal Educativo da Xunta de Galicia[Ligazón morta], o Diario Oficial de Galicia ou a propia Televisión de Galicia Arquivado 23 de decembro de 2003 en Wayback Machine.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- BRAVO PINTOS, MINIA e outros, Monteferro, Aula de renovación urbana e rehabilitación, USC, 60 pax., xuño de 2009 (en castelán).