Abrir o menú principal

Moncho de Fidalgo

escritor galego

José Ramom Rodrigues Fernandes, máis coñecido polo pseudónimo de Moncho de Fidalgo,[1] nado en Penaxubeira (A Cervela, O Incio) o 13 de xuño de 1955, é un escritor galego.

Moncho de Fidalgo
Moncho de Fidalgo.jpg
Nacemento13 de xuño de 1955
 O Incio
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou Electrónica Industrial en Lugo e Enxeñaría Industrial Técnica en Madrid[2]. En 1979 foi elixido concelleiro do concello do Incio polo BNPG. Publicou a súa primeira obra no 1983, O sereno, Um guerrilheiro em Estalinegrado (Atria Edicións). No 1985 sae Seguindo o caminho do vento, no que se reflicte a xuventude galega nos últimos tempos da ditadura de Franco.[3] No 1987 publica Contos de fada en do maior. No 1989, Luzia, ou o canto das sereias. En 1996 publica Contos de Outono. En 2018 História das nossas vidas, unha novela romántica.

No Boletín Renovação publicou en 2002 e 2003Eu vi queimar Sarajevo, Histórias do pretérito, Sonho ou pesadelo? (relato curto), O Senhor Argis, Ao Daniel de Ferreiro, meu amigo, Quem voltasse àqueles tempos de garoto, Um velho escritor (relato curto).[4][5][6][7]

Ten publicado en Agália, Nós, Cadernos do Povo, Bisbarra, Bússola, Jornal de Letras, A Nosa Terra, Renovação, Gralha,[8] Tempo, El Correo Gallego, La Voz de Galicia.[9]

É membro da Academia Galega da Língua Portuguesa e da AGAL.[10]

Foi danzante moitos anos nas danzas tracionais da Cervela.[11]

ObrasEditar

  • O Sereno (Um guerrilheiro em Estalinegrado) (1983). Atria Edicións. 2ª edición en Renovação Edições (1990). ISBN 84-86170-02-8. Con prólogo de Isaac Alonso Estravís.
  • Seguindo o caminho do vento (1985). Irmandades da Fala de Galiza e Portugal. Cadernos do Povo. 134 páxs.
  • Contos de fada em do maior (1987). Irmandades da Fala de Galiza e Portugal. Cadernos do Povo. 72 páxs.
  • Luzia, ou o canto das sereias (1989). Cadernos do Povo. Pontevedra-Braga. 126 páxs.
  • Contos do Outono (1996). Renovação Edições. 54 páxs. ISBN 84-605-4692-6.
  • Conversas com Antom Árias Curto (2000). Renovação ISBN 84-607-0115-8.
  • História das nossas vidas (2018). Renovação Edições. 86 páxs. ISBN 978-84-697-6811-2.

NotasEditar

  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: m". www.ogalego.eu. Consultado o 2019-04-17. 
  2. Rodrigues Fernandes, José Ramão (2018). História das nossas vidas. Renovação Edições. p. 7. ISBN 978-84-697-6811-2. 
  3. Rodrigues Fernandes, José Ramom (1989). Luzia, ou o canto das sereias. Cadernos do Povo. 
  4. "José Ramom Rodrigues Fernandes". bvg.udc.es. Consultado o 2 de maio de 2019. 
  5. "Eu vi queimar Sarajevo". bvg.udc.es. Consultado o 2 de maio de 2019. 
  6. "Histórias do pretérito. Sonho ou pesadelo?". bvg.udc.es. Consultado o 2 de maio de 2019. 
  7. "O Senhor Argis". bvg.udc.es. Consultado o 2 de maio de 2019. 
  8. Rodriguez Fernandes, José Ramom (1996). Contos do outono. Renovação/Narrativa. ISBN 84-605-4692-6. 
  9. "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 17/04/2019. 
  10. "Moncho de Fidalgo, Autor em Portal Galego da Língua - PGL.gal". Portal Galego da Língua - PGL.gal. Consultado o 2019-04-17. 
  11. SERVIZO DE AUDIOVISUAIS da Deputación de Lugo (2017-09-27). "Danza da Cervela 2017". Consultado o 2019-04-17. 

Véxase taménEditar