Mir Qazi, máis coñecido como Mir Aimal Kansi ou Mir Aimal Kasi, nado o 10 de febreiro de 1964[1] en Quetta e finado o 14 de novembro de 2002 en Jarratt, foi un terrorista paquistaní que disparou contra axentes da CIA na súa sede central en Langley, matando dous e ferindo outros tres conseguindo logo fuxir a Paquistán, aínda que máis tarde foi arrestado e extraditado aos Estados Unidos e tras un xuízo no que foi declarado culpable executado en 2002.

Infotaula de personaMir Aimal Kansi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1967 Editar o valor em Wikidata
Quetta, Paquistán (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de novembro de 2002 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Greensville Correctional Center, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePaquistán Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Balochistan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dun próspero home de negocios propietario de varios hoteis nos arredores de Quetta, perdeu á súa nai cando tiña 19 anos, estudou inglés na Universidade de Baluchistán[2]. En 1989 no ano que se licenciou morreu seu pai, tras pasar un tempo en Alemaña en 1991 entrou nos Estados Unidos so o nome de Mir Aimal Kansi, levando unha importante cantidade de cartos en metálico, viaxou con papeis falsos que mercara en Karachi, alterando o seu apelido a "Kansi", e máis tarde mercou unha tarxeta verde falsa en Miami.

Estableceuse cun amigo caximir de nome Zahed Mir,[3] no apartamento que este tiña en Reston, Virxinia, investindo nunha empresa de paquetería na que tamén traballaba como condutor.[4] O seu traballo foi decisivo na elección do albo: "Adoitaba pasar pola zona cada día e sabía que nos carrís da esquerda ía a xente que traballaba na CIA.

Segundo relatou Kasi, a primeira vez que pensou nun ataque foi despois de mercar un AK-47 de fabricación chinesa nunha armería de Chantilly e o plan acabou converténdose na súa principal prioridade.

Ataque editar

O 25 de xaneiro de 1993, Kasi parou un Datsun familiar de cor marrón que lle emprestaran[5] detrás de varios vehículos que esperaban no carril esquerdo diante dun semáforo en vermello na Route 123 no Condado de Fairfax.[6] para entrar na sede central da CIA. Kasi saíu do seu vehículo co seu rifle de asalto semiautomático e movéndose entre os vehículos comezou a disparar,[7] matando a Lansing H. Bennett, un médico e analista da CIA que seguía a saúde de líderes estranxeiros [8] e a Frank Darling, alcanzando a outras tres persoas.[4]

Kasi subiu ao seu vehículo e conduciu ata un parque próximo, esperou alí 90 minutos e tras comprobar que non o buscaban activamente volveu ao apartamento de Reston.[4] Meteu a arma nunha bolsa de plástico verde e agachouna baixo o sofá, logo diriuxe a un McDonald's para comer e reservou mesa nun Days Inn para a noite. As novas da CNN que viu confirmáronlle que a policía non identificara correctamente o seu vehículo e non tiña o número da matrícula.[3] Á mañá seguinte tomou un voo para Quetta.

Consonte unha entrevista que fixo Kansi en prisión á WTTG a razón do seu ataque era que estaba en contra da política do goberno norteamericano cara aos países islámicos e os musulmáns.

O 16 de febreiro de 1993, Kasi, considerado un fuxitivo, foi xulgado in absentia.

Arresto editar

Buscado pola CIA con axuda de axentes afgáns[9] sen resultado, finalmente en maio de 1997 un informante entrou nun consulado dos Estados Unidos en Karachi e afirmou que sabía onde estaba Kasi, e como proba amosou unha fotocopia do seu carné de conducir cun nome falso pero levando a súa fotografía. Aparentemente os que protexeran a Kasi agora preparábanse para aceptar a multimillonaria recompensa ofrecida pola súa captura."[10]

Kasi estaba na perigosa rexión fronteiriza da Liña Durand, así que lle pediron ao informante que convencese a Kasi para pasar ao lado paquistaní, onde podería ser apresado máis facilmente. Kasi ao ofrecerlle un lucrativo negocio de venda de bens electrónicos rusos pasou a fronteira e reservou un cuarto nun hotel de Dera Ghazi Khan.

Ás catro da mañá do 15 de xuño de 1997 un equipo da FBI en colaboración coa ISI entraron no seu cuarto para prendelo, o 15 un C-141 levouno aos Estados Unidos.[4] Durante o voo, Kasi fixo unha confesión completa ao FBI.[4]

Xuízo editar

O xuízo celebrouse en Virxinia en novembro, a defensa presentou o testemuño do neurólogo Richard Restak quen declarou que Kasi perdía tecido do seu lobo frontal, un defecto conxénito que lle dificultaba xulgar as consecuencias das súas accións. Outro psiquiatra da defensa corroborou ese testemuño. O xurado atopouno culpable e recomendou a pena capital.[4] O 4 de febreiro de 1998 Kasi foi sentenciado á pena de morte polo asasinato de Darling, as súas outras sentenzas foron cadea perpetua polo asasinato en primeiro grao de Bennett, varias sentenzas de vinte anos por feridas maliciosas, e multas por un total de 600.000 dólares.[4]

Execución editar

Kasi foi executado por inxección letal o 14 de novembro de 2002 na prisión de Greensville en Jarratt, Virxinia.[11] Paquistán repatriou o seu corpo, e ao seu funeral acudiu a xerarquía civil de Baluchistán, o comandante local do Exército de Paquistán e Ashraf Jahangir Qazi, o embaixador paquistaní nos Estados Unidos.[12] A Asemblea Nacional Paquistaní declarouno "heroe do islam".

Notas editar

  1. "Mir Aimal Kansi". FBI. web.archives.org. 22 de outubro de 1996. Archived from the original on 22 de outubro de 1996. Consultado o 31 de xullo de 2011. 
  2. McCann, Joseph T. (2006)Terrorism on American Soil: A Concise History of Plots and Perpetrators from the Famous to the Forgotten Sentient Publications:Boulder, p. 177
  3. 3,0 3,1 Davis, P. & Glod, M. " CIA Shooter Kansi, Harbinger of Terror, Set to Die Tonight]", The Washington Post, 14 de novembro de 2002.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Justice A. Christian Compton, Virginia Supreme Court Opinion on Mir Aimal Kansi, 6 de novembro de 1998.
  5. Bill Miller. "Gunsmith Says Tip on Kansi Went Unheeded; ATF Disputes Employee's Account", Washington Post, 12 de febreiro de 1993
  6. Steve Coll, "Ghost Wars", New York: Penguin Books, 2004, pp. 246–247
  7. Benjamin, Daniel & Steven Simon. "The Age of Sacred Terror", 2002
  8. Mickolus, Edward (1997) Terrorism, 1992-1995:A Chronology of Events and a Selectively Annotated Bibliography Greenwood:Wesport, páx. 265
  9. The Washington Post (2012) The Hunt for Bin Laden Diversion Books
  10. Hasan, K. "How Aimal Kasi was betrayed", Daily Times (Pakistan), 23 de xuño de 2004.
  11. Glod, M. & Weiss, E. "Kansi Executed For CIA Slayings Arquivado 06 de novembro de 2012 en Wayback Machine., Washington Post, 15 de novembro de 2002.
  12. "Pakistan's Foreign Policy Predicaments Post 9/11", South Asia Analyst Group, Paper No. 564, 12 de decembro de 2002