Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 (España)
O Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 de España, coñecido na súa creación como Ministerio de Asuntos Sociais, é o departamento da Administración Xeral do Estado ao que lle corresponde a proposta e execución da política do Goberno da Nación en materia de dereitos sociais e benestar social, de familia e da súa diversidade, de cohesión social e de atención ás persoas dependentes ou con discapacidade, así como de protección dos animais.[1]
Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | ministério dos assuntos sociais e ministerio de España |
Data de fundación | 11 de xullo de 1988 |
País | España |
40°25′N 3°41′O / 40.41, -3.69 | |
Na rede | |
https://www.mdsocialesa2030.gob.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Igualmente tamén lle corresponde a este ministerio o impulso, o seguimento e a cooperación para a implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Organización das Nacións Unidas.[1] Por último, tamén se encarga das políticas sobre consumo, protección dos consumidores e actividades de xogo, antes adscritas ao extinto Ministerio de Consumo.
Titulares
editarO cargo de ministro de Asuntos Sociais ou de Dereitos Sociais existiu de xeito independente en dous períodos da historia de España: o primeiro, no terceiro e cuarto goberno de Felipe González (1988-1996), e o segundo, durante o segundo e terceiro goberno de Pedro Sánchez (desde 2020).
Cinco persoas ocuparon a carteira, tres mulleres e dous home. Deles, Matilde Fernández foi quen a ostentou máis tempo, con 5 anos e 2 días (1988-1993).
O actual ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 é Pablo Bustinduy.
Lista de titulares
editarImaxe | Nome | Mandato | Partido | Presidente do Goberno (Mandato) |
Monarca | Ref. | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nomeamento | Cesamento | Duración | ||||||
Ministra de Asuntos Sociais | Xoán Carlos I (1975-2014) |
|||||||
Matilde Fernández (1950-) |
12 de xullo de 1988 | 14 de xullo de 1993 | 5 anos e 2 días | PSOE |
Felipe González(1982-1996) |
[2] | ||
Cristina Alberdi (1946-) |
14 de xullo de 1993 | 6 de maio de 1996 | 2 anos e 297 días | PSOE | [3][4] | |||
Cargo suprimido durante este intervalo. | ||||||||
Ministro de Dereitos Sociais e Axenda 2030 | ||||||||
Pablo Iglesias Turrión (1978-) |
13 de xaneiro de 2020 | 31 de marzo de 2021 | 1 ano e 77 días | Podemos |
Pedro Sánchez(2018-presente) |
Filipe VI (2014-presente) |
[5][6] | |
Ione Belarra (1987-) |
31 de marzo de 2021 | 21 de novembro de 2023 | 2 anos e 235 días | [7][8] | ||||
Ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 | ||||||||
Pablo Bustinduy (1983-) |
21 de novembro de 2023 | No cargo | 246 días | Sumar |
Véxase tamén
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Ministerio de Política Territorial y Función Pública (2020-03-12). "Real Decreto 452/2020, de 10 de marzo, por el que se desarrolla la estructura orgánica básica del Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030, y se modifica el Real Decreto 139/2020, de 28 de enero, por el que se establece la estructura orgánica básica de los departamentos ministeriales.". BOE. pp. 24611–24625. Consultado o 2023-11-24.
- ↑ "Real Decreto 731/1988, de 11 de julio, por el que se nombran Ministros del Gobierno" (pdf) (en castelán) (166). Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado. 12 de julio de 1988: 21538. ISSN 0212-033X.
- ↑ "Real Decreto 1175/1993, de 13 de julio, por el que se nombran Ministros del Gobierno" (pdf) (en castelán) (167). Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado. 14 de julio de 1993: 21211. ISSN 0212-033X.
- ↑ "Real Decreto 440/1996, de 4 de marzo, por el que se declara el cese de los miembros del Gobierno" (pdf) (en castelán) (56). Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado. 5 de marzo de 1996: 8712. ISSN 0212-033X.
- ↑ Presidencia del Gobierno (13 de enero de 2020). "Real Decreto 8/2020, de 12 de enero, por el que se nombran Ministros del Gobierno.". Consultado o 9 de julio de 2023.
- ↑ Presidencia del Gobierno (31 de marzo de 2021). "Real Decreto 232/2021, de 30 de marzo, por el que se dispone el cese de don Pablo Iglesias Turrión como Ministro de Derechos Sociales y Agenda 2030.". Consultado o 9 de julio de 2023.
- ↑ Presidencia del Gobierno (31 de marzo de 2021). "Real Decreto 235/2021, de 30 de marzo, por el que se nombra Ministra de Derechos Sociales y Agenda 2030 a doña Ione Belarra Urteaga.". Consultado o 9 de julio de 2023.
- ↑ Presidencia del Gobierno (25 de julio de 2023). "Real Decreto 695/2023, de 24 de julio, por el que se declara el cese de los miembros del Gobierno.". Consultado o 25 de julio de 2023.
Enlaces externos
editar