Pablo Bustinduy
Pablo Bustinduy Amador, nado en Madrid en 1983, é un politicólogo e político español. Voceiro do Grupo Parlamentario de Unidos Podemos na Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados e deputado de Podemos por Madrid. É, asemade, o coordinador da Secretaría Internacional de Podemos.[1] Dende novembro de 2023 é ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.
Traxectoria
editarÉ fillo de Ángeles Amador Millán, exministra de Sanidade entre 1993 e 1996; e de Javier Bustinduy.
Licenciouse en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade Complutense de Madrid. Ampliou os seus estudos en Francia, onde obtivo un máster en Historia e Pensamento Político no Instituto de Estudos Políticos de París, con mención Summa Cum Laude; e nos Estados Unidos de América, onde traballa na súa tese doutoral en filosofía política na New School for Social Research de Nova York.
Traballou como investigador e profesor de Filosofía en varias universidades dos Estados Unidos (Universidade de Fairfield, Saint Francis College e CUNY University) e como articulista en varios medios. Moitos dos seus artigos quedaron recollidos no blog pourlafindutemps. Tamén traduciu, prologado e editou obras relacionadas coa economía, o pensamento político e a estética, como Kleptopia, de Matt Taibbi, Le Destin des images, de Jacques Rancière, a obra colectiva Lugares comunes, ou État de vigilance, de Michael Foessel, entre outras.
Implicado no proxecto de Podemos dende os seus comezos, traballou como coordinador da Delegación de Podemos no Parlamento Europeo despois das eleccións europeas de 2014. Dende marzo de 2015 é integrante do Consello de Coordinación, ocupando a carteira da Secretaría Internacional. Foi elixido deputado por Madrid nas eleccións de 2015 e reelixido nas de 2016. No Congreso dos Deputados é voceiro do Grupo Confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea para as Comisións de Asuntos Exteriores e Unión Europea.[2]
Notas
editar- ↑ "Ficha de Transparencia en Podemos". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ "Ficha no Congreso dos Deputados". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2020. Consultado o 18 de agosto de 2021.