A millerita é un mineral da clase dos minerais sulfuros.

Millerita
Fórmula químicaNiS
Clase2.CC.20 (Strunz)
Sistema cristalinoTrigonal, ditrigonal dipiramidal
CorAmarela-latón pálida, con verniz iridiscente, gris-verdosa
BrilloMetálico
Dureza3 - 3,5 (Mohs)
FracturaIrregular
RaiaNegra versosa
Densidade5,37

Foi descuberta en 1845 preto de Karlovy Vary na cordilleira dos montes Metálicos, na rexión de Bohemia (República Checa). A millerita foi descrita por Wilhelm Karl Ritter von Haidinger en 1845 e chamada así na honra do mineraloxista inglés William Hallowes Miller (1801-1880).

Características químicas editar

Quimicamente é un sulfuro de níquel anhidro.

Ademais dos elementos da súa fórmula, adoita levar como impurezas: ferro, cobalto e cobre.

Hábito editar

Atópase comunmente en forma de acios de palla de cristais aciculares metalizados brillantes, de cor amarela-latón pálida, cun verniz iridiscente. Pode formar grandes agrupacións destes cristais con intercrecemento, dando aspecto de cabeleira.

Formación e xacementos editar

É un mineral formado a baixa temperatura que aparece en calcarias e dolomías sulfurosas, enchendo cavidades. Tamén se pode atopar como mineral secundario de formación tardía por alteración en xacementos de sulfuro de níquel. De cando en cando atopouse en serpentinas.

Adoita atoparse asociado a outros minerais como: gersdorffita, polidimita, niquelina, galena, esfalerita, pirita, calcopirita, pirrotina, pentlandita, cubanita, calcita, dolomita, siderita, barita ou ankerita.

Usos editar

Pode ser extraído para obter o metal de níquel.

Véxase tamén editar