Microchirus ocellatus
Microchirus ocellatus Acedía de ollos | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Microchirus ocellatus (Linnaeus, 1758) |
Microchirus ocellatusa, (Linnaeus, 1758) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[1] coñecida en galego como acedía de ollos.[2]
Trátase dun pequeno linguado, de até 20 cm de lonxitude como máximo (de aí o nome vulgar de acedía), que habita en fondos mariños areosos ou lamacentos, entre os 20 e os 300 m de profundidade, no Atlántico centro oriental (incluído o Mediterráneo), desde o suroeste da península Ibérica até Serra Leoa, e en Suráfrica e no Índico occidental.
TaxonomíaEditar
DescriciónEditar
A especie foi descrita por pimeira vez en 1758 polo naturalista sueco Carl von Linné (Linneo), na 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Pleuronectes ocellatus.
SinónimosEditar
Ao longo do tempo foi coñecida, ademais de polo nome orixinario de Linneo e polo actualmente válido, polos sinónimos seguintes:[1]
- Echinosolea oculata (Risso, 1827)
- Microchirus (Microchirus) ocellatus (Linnaeus, 1758)
- Monochirus ocellatus (Linnaeus, 1758)
- Monochirus quadriocellatus (von Bonde, 1922)
- Quenselia ocellata (Linnaeus, 1758)
- Solea ocellata (Linnaeus, 1758)
- Solea oculata Risso, 1827
- Solea quadriocellata von Bonde, 1922
EtimoloxíaEditar
O nome específico, ocellatus, é a forma masculina do nominativo do adxectivo latino ocellātus, -a, -um, "que ten ollos pequenos", aludindo aos catro ocelos que presenta no lado pigmentado.
CaractarísticasEditar
- É moi semellante, na forma do corpo, ao linguado común do que se diferencia, ademais de polo seu tamaño moito menor, sobre todo pola súa característica librea do lado pigmentado.
- A coloración xeral deste lado é parda, e na parte anterior presenta algunhas manchas escuras de forma indefinida e, na posterior, catro ocelos de cor azulada e rodeados dunha liña amarela.
- As aletas dorsal e anal son de cor negra ou escura coas marxea brancas.
- A columna vertebral está constituída por de 40 a 43 vértebras.
- A aleta dorsal está sustentada por de 62 a 70 raios; e a anal, por de 64 a 75 raios.[3][4]
- O seu tamaño máximo é de 20 cm, aínda que os espécimes capturados rondan tan só os 15 cm.[3]
Hábitat e distribuciónEditar
É unha especie mariña, demersal, oceanódroma que habita en mares subtropicais, en fondos de entre os 30 e os 300 m de profundidade,[4] entre os 43° N e os 4° N,[5], no Atlántico centro-oriental, encontrándose nas costas do suroeste da península Ibérica, o mar Mediterráneo, a illa de Madeira, as illas Canarias, Senegal, Ghana, Guiné Bissau e Serra Leona, e nas do océano Índico occidental, desde a antiga provincia de Natal (Suráfrica), até as costas occidentais da India.[5]
PescaEditar
Microchirus ocellatus é obxecto de pesca nas zonas 27, 34 e 37 (nordeste do Atlántico, Atlántico centro-leste e Mediterráneo e mar Negro, respectivamente).[2]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Microchirus ocellatus (Linnaeus, 1758) no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 85.
- ↑ 3,0 3,1 Bauchot, M.-L. (1987).
- ↑ 4,0 4,1 Heemstra, P.C. & O. Gon (1986): "Soleidae", pp. 868-874, en M. M. Smith & P. C. Heemstra, eds. Smiths' sea fishes. Berlin: Springer-Verlag.
- ↑ 5,0 5,1 Microchirus ocellatus (Linnaeus, 1758) na FishBase
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Microchirus ocellatus |
BibliografíaEditar
- Bauchot, M.-L. (1987): "Poissons osseux", pp. 891–1421, en: W. Fischer, M.L. Bauchot and M. Schneider (eds.) Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Commission des Communautés Européennes and FAO, Rome.
- Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037–1049, en: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; Paris: SEI e UNESCO. Vol. 2.</ref>
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.