Michael Ghiselin

biólogo estadounidense

Michael T. Ghiselin (13 de maio de 1939; 14 de xuño de 2024[1]) foi un biólogo, filósofo e historiador da bioloxía estadounidense.

Infotaula de personaMichael Ghiselin
Biografía
Nacemento13 de maio de 1939 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Salt Lake City, Utah, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Stanford
Universidade de Utah Editar o valor em Wikidata
Tese académicaReproductive Function And The Evolution Of Opisthobranch Gastropods (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1964 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseDonald Putnam Abbott (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbiólogo , profesor universitario , filósofo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade de Utah
Universidade de California en Berkeley
Universidade do Estado de Utah (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX946689

É coñecido polos seus traballos sobre os nudibranquios, e pola súa crítica á presentación inexacta da historia do lamarckismo en moitos libros de texto escolares de bioloxía.

Vida académica

editar

Ghiselin recibiu o seu B.A. (licenciatura) en 1960 da Universidade de Utah e o seu Ph.D. (doutoramento) da Universidade Stanford en 1965. Foi membro posdoutoral da Universidade Harvard (1964–65) e posteriormente membro posdoutoral do Marine Biological Laboratory en 1965. Alí permaneceu ata 1967 porque foi nomeado profesor axudante de zooloxía na Universidade de California, Berkeley e posteriormente foi elixido membro Guggenheim (1978–79).[2] Ghiselin traballou como profesor investigador de bioloxía na Universidade de Utah (1980–83) e foi Membro Premio MacArthur desde 1981 a 1986. Desde 1983 era membro investigador sénior na Academia de Ciencias de California.[3]

Traxectoria

editar

Ghiselin é famoso polos seus traballos sobre os gasterópodos nudibranquios,[4][5][6] e unha especie leva o seu nome (Hypselodoris ghiselini) e a substancia química defensiva que contén foi nomeada na súa honra como ghiselinina.[7] En 2009 foi coautor dun gran estudo sobre as defensas químicas dos opistobranquios con Guido Cimino: Chemical Defense and the Evolution of Opisthobranch Gastropods.[8]

 
O peixe pallaso é macho cando é de pequeno tamaño e femia cando medra e adquire tamaño grande, unha adaptación explicada polo modelo tamaño-vantaxe de Ghiselin.

En 1969 propuxo tres modelos, entre eles o modelo de tamaño-vantaxe, para explicar o hermafroditismo secuencial. Nalgnhas especies de peixes, segundo razoou, os machos poden maximizar o seu éxito reprodutivo apareándose cun harén de femias que se aparean só unha vez como femias. Noutras especies, nas que os peixes viven en parellas, é vantaxoso para o individuo ser macho cando é de pequeno tamaño e volverse femia cando medra e é máis grande.[9]

Ghiselin traballou estudando a historia e filosofía da bioloxía evolutiva. As súas publicacións sobre historia tratan principalmente de Darwin e a historia da zooloxía comparada. Tratou temas como a influencia da alquimia sobre a zooloía do século XIX e a historia da Estación Zoolóxica de Nápoles, Italia. A súa opinión sobre as ideas de Darwin sobre selección, se afectaban ao individuo ou ao grupo, e ás veces aparentemente seleccionismo de parentesco, foron criticadas como inconsistentes por Helena Cronin.[10]

Ghiselin criticou a falsificación da historia da teoría de evolución de Lamarck, xa que na súa opinión os libros escolares elementais e os "escritores de libros de texto imbuíron ao ficticio Lamarck cunha importancia que o Lamarck real nunca tivo, e atribuíronlle ideas que o Lamarck real non sotiña. Inventaron un mito no cal estas ideas eran compardas falsamente coas ideas de Darwin, para producir unha falsa dicotomía."[11] Tamén criticou as ideas dos creacionismo como non científicas.[12]

A súa principal contribución á filosofía foi sobre os principios de clasificación (sistemática ou taxonomía). Considérase que foi o primeiro que teorizou que as especies biolóxcias non son tipos de organismos, senón individuos nun sentido filosófico (no sentido en que unha poboación individual é unha entidade individual, en vez dun tipo abstracto).[13] Un ser humano non é, pois, un Homo sapiens pola mesma razón que a provincia de Ontario non é Canadá.[14] Ghiselin foi quen orixinou o termo "cachos do nexo xenealóxico" (chunks of the genealogical nexus) para describir as especies.[15]

Ghiselin tivo moitos intereses interdisciplinares, entre os cales estaba crear ligazóns entre a bioloxía e a economía. Foi vicepresdente da Sociedade Internacional de Bioeconomía, e foi coeditor do Journal of Bioeconomics desde que se creou en 1998. A primeira cátedra académica de bioeconomía creouse na Universdade de Siena; el foi o seu primeiro ocupante como profesor visitante.[16] Como presidente do Centro para a Historia e a Filosofía da Ciencia, a súa principal responsabilidade era organizar xuntanzas académicas e ser o editor dos volumes baseados nelas.

  • Ghiselin, Michael T. e Leviton, Alan E.: "Darwin and the Galapagos", in the Proceedings of the California Academy of Sciences for 2010 Volume 61, Supplement 2.
  • The Triumph of the Darwinian Method. University of California Press, Berkeley, 1969.
  • Barbour, M. G., Craig, R. B., Drysdale, F. R., and Ghiselin, M. T.: Coastal Ecology: Bodega Head. University of California Press, Berkeley, 1973.
  • The Economy of Nature and the Evolution of Sex. University of California Press, Berkeley, 1974.
  • Intellectual Compromise: The Bottom Line. Paragon House, New York, 1989.
  • Metaphysics and the Origin of Species. State University of New York Press, Albany, 1997.
  • Darwin: A Reader's Guide. Occasional Papers of the California Academy of Sciences 155: 1–185, 2009.
  • Darwin and Evolution. Carmichael & Carmichael, and Knowledge Products Blackstone Audio, 1993 (audiolibro).
  1. Stazione Zoologica Anton Dohrn Napoli. In memory of the biologist, philosopher and historian of science Michael T. Ghiselin (1939-2024)
  2. "Michael T. Ghiselin". Guggenheim Foundation. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  3. "Academy Fellows". Calacademy.org. Consultado o 20 de marzo de 2017. 
  4. D. John Faulkner and Michael T. Ghiselin (30 de agosto de 1983). "Chemical defense and evolutionary ecology of dorid nudibranchs and some other opisthobranch gastropods". Marine Ecology Progress Series 13 (2/3): 295––301. Bibcode:1983MEPS...13..295F. JSTOR 24815885. doi:10.3354/meps013295. 
  5. Cimino, Guido; Ghiselin, Michael T. (1998). "Chemical defense and evolution in the Sacoglossa (Mollusca: Gastropoda: Opisthobranchia)". Chemoecology 8 (2): 51–60. doi:10.1007/PL00001804. 
  6. Zhang, Wen; Gavagnin, Margherita; Guo, Yue-Wei; Mollo, Ernesto; Ghiselin, Michael T.; Cimino, Guido (2007). "Terpenoid metabolites of the nudibranch Hexabranchus sanguineus from the South China Sea". Tetrahedron 63 (22): 4725–4729. doi:10.1016/j.tet.2007.03.082. 
  7. Hochlowski, Jill E.; Walker, Roger P.; Ireland, Chris; Faulkner, D. John (1982). "Metabolites of four nudibranchs of the genus Hypselodoris". The Journal of Organic Chemistry 47 (1): 88–91. doi:10.1021/jo00340a018. 
  8. Cimino, Guido; Ghiselin, Michael T. (2009). Chemical Defense and the Evolution of Opisthobranch Gastropods. Proceedings of the California Academy of Sciences 60. ISBN 9780940228795. 
  9. Ghiselin, Michael T. (1969). "The evolution of hermaphroditism among animals". The Quarterly Review of Biology 44 (2): 189–208. PMID 4901396. doi:10.1086/406066. 
  10. Cronin, Helena (1993). The Ant and the Peacock: Altruism and Sexual Selection from Darwin to Today. Cambridge University Press. p. 305. ISBN 978-0-521-45765-1. 
  11. Ghiselin, Michael T. (1994). "The Imaginary Lamarck: A Look at Bogus "History" in Schoolbooks". The Textbook Letter (setembro-outubro de 1994). Arquivado dende o orixinal o 2008-02-12. Consultado o 2017-05-28. 
  12. "The Illogic of Creationism An Essay Review by Michael T. Ghiselin" Arquivado 2017-05-24 en Wayback Machine.. Consultado o 1 de xullo de 2018.
  13. Ghiselin, M. T. (1 de decembro de 1974). "A Radical Solution to the Species Problem". Systematic Biology 23 (4): 536–544. JSTOR 2412471. doi:10.1093/sysbio/23.4.536. 
  14. Ghiselin, Michael T. (2006). "Is the Pope a Catholic?". Biology & Philosophy 22 (2): 283–291. doi:10.1007/s10539-006-9045-7. 
  15. Ghiselin, M. T. (1969). The triumph of the Darwinian method. University of California Press. p. 82. ISBN 978-0226290249. 
  16. "Invited Speakers". University of Siena. 10 de decembro de 2009. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar