Mia Khalifa (en árabe: ميا خليفة), nada en Beirut o 10 de febreiro de 1993, é unha celebridade de Internet[1], comentarista deportiva, e modelo de cámara web[2] libanesa-norteamericana. Foi actriz pornográfica de 2014 a 2015[3].

Modelo:BiografíaMia Khalifa
Nome orixinal(ar) ميا كاليستا
(ar) ميا خليفة Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Sarah Joe Chamoun Editar o valor en Wikidata
10 de febreiro de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Beirut (Líbano) Editar o valor en Wikidata
Outros nomesMia Khalifa Editar o valor en Wikidata
ResidenciaEstados Unidos de América (2001–)
Líbano (–2001) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoLebanese Americans (en) Traducir, Árabes e cristãos árabes (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo, cristianismo e cristãos árabes (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Texas en El Paso - grao en Artes
Massanutten Military Academy (en) Traducir
Universidade do Texas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura158 cm Editar o valor en Wikidata
Peso55 kg Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor en Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz porno (2014–2015), modelo de webcam (pt) Traducir, celebridade de Internet, activista política, creadora de contido dixital, modelo erótica Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2014 Editar o valor en Wikidata - 2019 Editar o valor en Wikidata
Participou en
31 de marzo de 1997HARDtalk (en) Traducir
Oxford Union (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaJhay Cortez (2021–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webmiakhalifa.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm7060064 Rottentomatoes: celebrity/mia_khalifa
Facebook: miakhalifa Twitter: miakhalifa Instagram: miakhalifa Snapchat: thedcsportsgirl Youtube: UCZditekzWG-XNa4Utxzl_oA TikTok: miakhalifa Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Mia naceu no seo dunha familia católica[4] e estudou nunha escola privada francesa en Beirut, e alí aprendeu a falar inglés[4]. En xaneiro de 2001 toda a súa familia trasladouse aos Estados Unidos[4][5], ao deixar o seu fogar tras a finalización do conflito do sur do Líbano (1985–2000)[4], e aveciñouse no condado de Montgomery en Maryland. Estudou na Nortwest High School [1] de Germantown e logo graduouse en historia pola Universidade de Texas en El Paso[6]. Durante os seus anos universitarios traballou como camareira, fixo nalgunha ocasión de modelo e tamén apareceu como auxiliar nun concurso dunha televisión local[4]. En decembro de 2013 instalouse en Miami e empezou a traballar como modelo para espidos[4].

Khalifa entrou na industria pornográfica cinematográfica en outubro de 2014[7], tras captala rúa un axente[8]. Fíxose amplamente coñecida tras lanzar BangBros un vídeo en novembro de 2014 no que leva un hijab durante un trío[4], a popularidade chegoulle, así, de súpeto, mais tamén a crítica por parte de comentaristas e figuras relixiosas[4], e parte da poboación do Líbano e do Oriente Medio sentindo a súa actuación como unha aldraxe por intentar explotar a súa orixe[9]. Con máis de millón e medio de visitas, Khalifa converteuse na máis buscada en Pornhub[10][11].

Despois de chegar ao número 1 de Pornhub recibiu ameazas de morte por Internet[12]. Os xornais libaneses publicaron artigos críticos en Khalifa, que ela considerou artigos triviais por consideralo de pouca importancia comparado coa grave situación que vivía a rexión[13]. Nunha entrevista a The Washington Post Khalifa afirmou que a controvertida escena fora satírica e así había que tomala e asegurou que os filmes de Hollywood retratan os musulmáns de forma ben máis negativa que calquera pornógrafo podería facer[12].

Segundo datos subministrados por Pornhub, entre o 3 e o 6 de xaneiro de 2015, as buscas de Khalifa multiplicáronse por cinco, e arredor dun cuarto desas procuras viñan do Líbano, e outra parte importante do veciños Siria e Xordania[14]. Por toda a controversia relacionada co hijab, apareceu no número cinco da lista das 10 estrelas porno máis famosas do mundo realizado en xullo de 2016 pola revista Loaded[15].

En xaneiro de 2015 Khalifa asinou un contrato de permanencia con Bang Bros que a obrigaba a actuar en varios filmes cada mes. Non obstante, dúas semanas despois decidiu deixar a industria pornográfica[4]. Así e todo, en xaneiro de 2017 xHamster anunciou que Khalifa fora a actriz porno máis buscada de 2016.[16][17] e en 2018 tres anos despois de deixar a industria, aínda era a segunda persoa máis buscada de Pornhub[18]. En agusto de 2019 revelou que só ingresara 12000 dólares polo seu traballo no porno[19] e nunca recibira regalías de Pornhub ou de calquera outro sitio[20].

Despois de deixar o porno, Khalifa traballou en Miami como axudante de avogado e contadora[4] antes de se converter nunha personalidade das redes sociais, mantén a súa propia canle en YouTube; emisións en directo en Twitch e efectúa traballos como modelo de cámara web. Con Gilbert Arenas presentou Out of Bounds, un programa diario de deportes na canle Complex News de YouTube entre outubro de 2017 e febreiro de 2018[21]. Tamén foi a presentadora a canda Tyler Coe de SportsBall entre o 16 de xullo e o 30 de outubro de 2018 en RoosterTeeth[22].

  1. 1,0 1,1 Dan Steinberg (13 de xullo de 2016). "A former porn star has become one of D.C.'s loudest sports fans on social media". The Washington Post. 
  2. Sara G (7 de maio de 2016). "Mia Khalifa Interview". howareyoubb.com. 
  3. Chanel Adams (20 de agosto de 2016). "Mia Khalifa Retired: See What The Former Adult Film Star Is Up To Now". Inquisitr. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 13 de xaneiro de 2019. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 Timothy Bella (9 de abril de 2018). "You Don't Know Mia Khalifa". Playboy. 
  5. Laura Smith-Spark and Roba Alhenawi (7 de xaneiro de 2015). "Songs and death threats for Lebanese American porn star Mia Khalifa". CNN. 
  6. Taylor Wofford (6 de xaneiro de 2015). "Meet Mia Khalifa, the Lebanese Porn Star Who Sparked a National Controversy". Newsweek. 
  7. Jessica Ogilve (24 de xullo de 2015). "Inside Mia Khalifa's Mysterious Rise to Porn Superstardom". Complex. Arquivado dende o orixinal o 2 de xaneiro de 2016. 
  8. "Lance Armstrong finds a kindred spirit in former porn star". New York Post. 28 de febreiro de 2018. 
  9. "Mia Khalifa: Lebanese porn star sparks outrage in Middle East after being voted top adult actress". Mirror. 5 de xaneiro de 2015. 
  10. "Why porn is exploding in the Middle East". Salon. Alternet. 15 de xaneiro de 2015. 
  11. Adam Taylor (6 de xaneiro de 2015). "The Miami porn star getting death threats from Lebanon". The Washington Post. 
  12. 12,0 12,1 Heather Saul (7 de xaneiro de 2015). "Pornhub star Mia Khalifa receives death threats after being ranked the site's top adult actress". The Independent. 
  13. "Lebanese porn star Mia Khalifa sparks controversy in Lebanon". Lebanese Examiner. 3 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2016. Consultado o July 19, 2016. 
  14. "Mia Khalifa, a Lebanon-born porn star, is getting 'scary' death threats". BBC. Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  15. "The world's 10 most notorious porn stars – Mia Khalifa". Loaded. 13 de xullo de 2016. 
  16. Jessica Brown (5 de xaneiro de 2017). "Meet the world's most popular porn star – they're from Lebanon". The Independent. 
  17. Tony Cuddihy. "The most searched-for porn actress on the planet has been revealed as Mia Khalifa". Joe.ie. 
  18. Mark Hay (27 de xuño de 2018). "Mia Khalifa Only Did Porn Three Months But She's Still a Pornhub Sensation". Vice.com. 
  19. Alex Horton (13 de agosto de 2019). "Mia Khalifa Reveals She Only Made $12,000 as an Adult Film Star". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2019. Consultado o 23 de maio de 2020. 
  20. Trace Cowen (16 de agosto de 2019). "Mia Khalifa is among the world’s most-watched women. Yet the porn industry is keeping the profits.". complex.com. 
  21. Dan Steinberg (10 de outubro de 2017). "Gilbert Arenas and Mia Khalifa will co-host a daily sports talk show for Complex". Washington Post. 
  22. "Sportsball". Roosterteeth.