Mi Tierra (Vilagarcía de Arousa)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mi Tierra.
Mi Tierra foi un semanario editado en Vilagarcía de Arousa en 1897.
Historia e características Editar
Subtitulado Revista científico-literaria y de intereses generales, apareceu en febreiro de 1897[1]. Periódico semanal redactado en castelán e galego dirixido por Lisardo Rodríguez Barreiro, que tiña como administrador a Manuel del Río Candamo. Publicou poemas e narracións do director e de Nicolás Taboada Fernández, Alfredo Brañas, Luis A. Mestre, Francisco Romero Blanco, J. M. M. Rodríguez Vázquez, Eladio Rodríguez González, Benito Losada Astray, Alfredo Vicenti, Juan Barcia Caballero e Francisco Añón. Permaneceu na rúa polo menos até abril de 1897.
Notas Editar
- ↑ El Lucense, 5-2-1897, p. 3.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.