Mesoplodon peruvianus

Mesoplodon peruvianus, coñecido na bibliografía internacional, entre outros, cos nomes de zifio peruano e zifio pigmeo, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[2][3] unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.[4]

Mesoplodon peruvianus

Comparación co tamaño dun humano medio
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata[
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Ziphioidea
Familia: Ziphiidae
Xénero: Mesoplodon
Especie: M. peruvianus
Nome binomial
Mesoplodon peruvianus
Reyes, Mead & Van Waerebeek, 1991
Área de distribución de Mesoplodon peruvianus
Área de distribución de Mesoplodon peruvianus

Área de distribución de Mesoplodon peruvianus

É o máis pequeno dos zifios e un dos máis recentemente descubertos. Foi descrito por primeira vez en 1991 no Perú, sobre a base de dez exemplares varados e capturados en pescsrías.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A especie foi descrita en 1991 por J. C. Reyes, J. G. Mead e K. Van Waerebeek no seu traballo "A new species of beaked whale Mesoplodon peruvianus sp. n. (Cetacea: Ziphiidae) from Peru". Marine Mammal Science 7: 1-24.[2]

Etimoloxías

editar

Para a do xénero, ver Mesoplodon.

O epíteto específico, peruvianus, fai referencia ao lugar onde se describiu por primeira vez.

Subespecies

editar

Non se describiu ningunha.

Características

editar

É a especie máis pequena do xénero Mesoplodon. A coloración xeral do seu corpo é gris escura nas partes superiores e máis clara polas inferiores.[Cómpre referencia]

O seu corpo destaca polo seu pedúnculo caudal infrecuentemente alto. O seu fociño é máis ben curto.[Cómpre referencia]

Os adultos alcanzan unha lonxitude de ao redor de 3,4 ou 3,7 m (entre 1,5 e 1,6 m ao naceren).[5]

Distribución

editar

Rexistrouse no Pacífico tropical oriental, entre a Baixa California e o norte de Chile, a través de avistamentos e varamentos. Tamén existe un rexistro na Illa Sur de Nova Zelandia.[1]

Bioloxía

editar

Ao igual que outros membros do xénero, case non se sabe nada sobre a bioloxía desta especie. Habita en augas profundas, máis alá do noiro continental, onde presumibelmente realiza inmersións longas e profundas, e pasa relativamente pouco tempo na superficie. Porén, fronte ao Perú, encóntrase, quizás estacionalmente, no noiro continental e na plataforma continental onde se captura con redes de pesca.[6]

O contido do estómago de tres individuos contiña bicos de luras mesopeláxicas, otólitos de peixes non identificados e restos de camaróns.[6] Presumibelmente, estas presas foron capturadas a profundidades de moderadas a grandes. O tamaño medio dos bancos de 65 avistamentos no Pacífico tropical oriental foi de 2,3 individuos.[7] Porén, esta mostra pode estar nesgada porque inclúe só grupos de machos adultos.

  1. 1,0 1,1 Pitman, R. L. & Taylor, B. L. (2020): Mesoplodon peruvianus na Lista vermella da UICN. Versión 2020-3. Consultada o 2 de xaneiro de 2021.
  2. 2,0 2,1 Mesoplodon peruvianus Reyes, Mead & Van Waerebeek, 1991 no WoRMS. Consultado o 2 de xanero de 2021.
  3. Mesoplodon peruvianus Reyes, Mead & Van Waerebeek, 1991 en MSW. Consultado o 2 de xaneiro de 2021.
  4. Masoplodon Gervais, 1850 no WoRMS. Consultado o 2 de xaneiro de 2021.
  5. World Biodiversity Database.
  6. 6,0 6,1 Reyes, J. C. & Van Waerebeek, K. (2018): "The lesser beaked whale Mesoplodon peruvianus Reyes, Mead & Van Waerebeek 1991 revisited, with biological observations on new specimens from Peru". Journal of Marine Biology and Oceanography 7 (4): 1-10.
  7. Pitman, R. L. & Lynn, M. S. (2001): "Biological observations of an unidentified mesoplodont whale in the eastern tropical Pacific and probable identity: Mesoplodon peruvianus". Marine Mammal Science 17 (3): 648-657.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar