Melanargia ines

especie de insecto

Melanargia ines

Melanargia ines - Medioluto Inés
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Subclase: Pterygota
Infraclase: Neoptera
Superorde: Endopterygota
Orde: Lepidoptera
Superfamilia: Papilionoidea
Familia: Nymphalidae
Subfamilia: Satyrinae
Xénero: 'Melanargia'
Especie: M. ines
Hoffmannsegg, 1804

A Melanargia ines é un lépidoptero pertencente á familia das Nymphalidae, subfamilia das Satyrinae e ao xénero Melanargia.[1]

Denominación

editar

Melanargia ines foi descrita por Johann Centurius von Hoffmannseggen en 1804.[2]

 
En Francia é coñecida como "Échiquier des Almoravides", Taboleiro dos Almorábides.

Subespecies

editar
  • Melanargia ines ines que presenta diferentes formas:
  • Melanargia ines f. hannibal Stauder, 1913; en Alxeria a Biskra, El Kantara e Constantina.
  • Melanargia ines var. fathme Wagner, 1913; en Tunisia.
  • Melanargia ines ab. completa Oberthür, 1915; en Alxeria en Beni-Ounif.
  • Melanargia ines f. minima Houlbert, 1923; en España
  • Melanargia ines f. semi-reducta Houlbert, 1923; en Alxeria e Tunisia.
  • Melanargia ines arahoui Tarrier, 1995; en Tizi-n-Taghatine en Marrocos.
  • Melanargia ines colossea Rothschild, 1917; en Marrocos en Rabat.
  • Melanargia ines henrike Eitschberger, 1972; en Alxeciras en España.
  • Melanargia ines jahandiezi Oberthür, 1922; no val da Reraya en Marrocos.[3]

Descrición

editar

É unha bolboreta de tamaño mediano que presenta nas ás anteriores un debuxo delimitado en negro e branco cun bocelo no ápice e nas ás posteriores unicamente os debuxos dos contornos das súas ás cunha liña de ocelos.

O dorso debuxa en negro os límites dos debuxos e os ocelos do ápice das ás anteriores e os ocelos en liña son visibles de cor marrón clara, pupila azul e un círculo de dúas liñas brancas negras aliñadas.

Bioloxía

editar

Período de voo e hibernación

editar

Univoltina, o período de voo esténdese de final marzo a final xuño nunha soa xeración.[4][5]

Plantas hospedeiras

editar

A eiruga aliméntase de gramíneas, en particular Brachypodium pinnatum,[6][7]

Ecoloxía e distribución

editar

Melanargia ines está presente en África do Norte, Marrocos, Alxeria, Tunisia e Libia e en todoPortugal e España (salvo a zona a máis ao norte).[6]

Biotopo

editar

Reside en lugares con herba seca, áreas rochosas, compartindo hábitat frecuentemente con Melanargia occitanica.

Amparo

editar

Está en status de especie ameazada en Marrocos.[3]

Especies semellantes de Europa occidental e Magreb

editar
  1. http://www.eurobutterflies.com/sp/ines.php Melanargia ines
  2. http://www.lepidoptera.eu/show.php?ID=5320 Melanargia ines
  3. 3,0 3,1 "parque natural de Ifrane". Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2011. Consultado o 26 de setembro de 2023. 
  4. Tolman & Lewington 1997
  5. http://www.butterfly-guide.co.uk/species/satyrids/andal17.htm Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. butterfly Guía - Melanargia ines
  6. 6,0 6,1 www.nic.funet.fi
  7. Tolman & Lewington, Mariposas de España y Europa 1997

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Lionel G. Higgins e Norman D. Riley, Guía de las mariposas de Europa, Neuchâtel, Delachaux e Niestlé , 1971. ISBN 978-2-603-01649-7

Ligazóns externas

editar