Melanargia russiae

especie de insecto

Melanargia russiae

Melanargia russiae
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Nymphalidae
Xénero: Melanargia
Especie: M. russiae
Esper, 1783

A Melanargia russiae é un lepidóptero pertencente á familia das Nymphalidae, subfamilia Satyrinae, xénero Melanargia.[1]

Denominación

editar

Melanargia russiae foi descrita por Eugenius Johann Christoph Esper en 1783.[2]

 
M. russiae, macho.

Subespecies

editar
  • Melanargia russiae russiae no sur de Rusia.
  • Melanargia russiae caucasiaca Nordmann, 1851
  • Melanargia russiae cleanthe ; Boisduval, 1833; en Francia en Alpes da Alta Provenza.
  • Melanargia russiae japigia Cyrilli, 1787; en Italia.
  • Melanargia russiae transcaspica Staudinger, 1901.

Descrición

editar

É unha bolboreta de tamaño mediano que presenta un deseño alar negro e branco, dominando o branco.

O dorso en negro, os límites dos deseños das súas ás cun ocelo no ápice das ás anteriores e unha liña de ocelos nas posteriores todos ocre pupillés de branco rodeado de negro. Os deseños invértense nos bordos a cadros negros con ocelo no ápice da parte anterior e posterior dos celos con pupila en branco e ocre con reborde en negro.

Eiruga

editar

As eirugas son de cor verde e a súa cabeza é de verde a marrón.[3]

Bioloxía

editar

Período de voo e hibernación

editar

Univoltina, voa de final de xuño a mediados de agosto nunha soa xeración.[3]

Plantas hospedeiras

editar

As eirugas aliméntanse de gramíneas, en particular Poa (Poa annua, Poa trivalis), Brachypodium (Brachypodium pinnatum, Brachypodium sylvatus), Bromus, Dactylis, Phleum, Stipa (Stipa pennata), Aegilops geniculata.[4][3]

Ecoloxía e distribución

editar

Está presente baixo forma de pequenos grupos illados no sur de Europa, en España, no sur de Francia, de Italia e de Grecia despois en Asia Menor, no sur de Rusia, o oeste de Siberia e o centro de Asia.[4]

As bolboretas prosperan en xeral en terreos abandonados ricos en gramíneas, campos agrícolas abandonados.

Biotopo

editar

Reside en todo tipos de lugares con herba.

Protección

editar

Non se beneficia de status de protección específico.

  1. http://www.asturnatura.com/especie/melanargia-russiae.html Melanargia russiae
  2. https://sites.google.com/site/picosdeeuropamariposas/melanargia-russiae Arquivado 23 de outubro de 2020 en Wayback Machine. Melanargia russiae Georges Verhulst
  3. 3,0 3,1 3,2 Tolman e Lewington, 1997
  4. 4,0 4,1 www.nic.funet.fi

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar