Melanargia lachesis

especie de insecto

Melanargia lachesis

Melanargia lachesis
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Hexapoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Suborde: Glossata
Infraorde: Heteroneura
División: Ditrysia
Sección: Rhopalocera
Superfamilia: Papilionoidea
Familia: Nymphalidae
Subfamilia: Satyrinae
Tribo: Satyrini
Subtribo: Melanargiina
Xénero: 'Melanargia'
Especie: ''M. lachesis''
Nome binomial
'Melanargia lachesis'
Hübner, 1790

A Melanargia lachesis é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Nymphalidae e, dentro desta, da subfamilia Satyrinae. É unha das especies dun xénero que se diferencia moi claramente do resto de Satyrinae por ter as ás unha cor predominantemente branca, con manchas negras moi marcadas que debuxan sobre a á un patrón axadrezado.[2]

Descrición editar

Diferénciase da maioría de especies do mesmo xénero pola ausencia de barra negra transversal no medio da cela da á anterior. Comparte esta característica con Melanargia galathea, da que se diferencia, con todo, por non presentar na parte superior da cela unha franxa de cor gris tan ancha e por non presentar na base das ás a mesma importante difusión escura. As manchas negras son máis reducidas que nesa especie. É unha bolboreta relativamente grande, podendo alcanzar os individuos máis grandes unha envergadura de 6 cm, aínda que rara vez o fan.

Ademais posúe unha peculiaridade, os seus cromosomas (2n: diploides) son 24, dous xogos de 12 cromosomas.

Área de distribución editar

Trátase dunha especie esencialmente ibérica tamén presente no sueste de Francia, onde chega até o Ródano.

Ciclo vital editar

Univoltina, tan só se observa unha única xeración, que voa en pleno verán de xuño a agosto. Inverna como eiruga.

Plantas nutricias editar

As eirugas aliméntanse de diferentes especies de gramíneas.

Notas editar

  1. van Swaay, C., Wynhoff, I., Verovnik, R., Wiemers, M., López Munguira, M., Maes, D., Sasic, M., Verstrael, T., Warren, M. & Settele, J. 2009. (2000). "Melanargia lachesis". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 7 de xaneiro de 2011. 
  2. http://www.asturnatura.com/especie/melanargia-lachesis.html Melanargia lachesis

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Tom Tolman & Richard Lewington (2002). Guía de las mariposas de España y Europa. Lynx Edicions