Medalla Emilia Pardo Bazán
As Medallas Emilia Pardo Bazán constitúen unha iniciativa que a Xunta de Galicia creou en 2019 para recoñecer publicamente ás persoas e institucións que traballan en favor da igualdade efectiva, e o obxectivo das mesmas á visibilizar os talentos, e potenciar a visibilización social daqueles que están comprometidos coa igualdade entre mulleres e homes.
Premiados editar
Primeira edición editar
Na primeira edición, no propio ano 2019, o Goberno galego acordou galardoar coa Medalla Emilia Pardo Bazán á Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama (ADICAM), que desde Cangas e con 1400 socias, é un referente galego no apoio aos doentes deste cancro; as Cooperativas Lácteas Unidas, que no 2013 puxeron en marcha o programa Mulleres de Seu, para impulsar a participación das cooperativistas nos órganos de decisión; e Ángeles Carmona, presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero.[1]
Segunda edición editar
En 2020, na segunda edición destas distincións, recibiron as Medallas, na sede xudicial do edificio de Tabacos da Coruña a Federación de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), a Asociación Rede Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo e a xaponesa Megumi Shiozawa, a título póstumo. O acto, presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo e acompañado, entre outras autoridades, pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia José María Gómez, foi un "grito de igualdade". Os asistentes, amparándose na figura de Emilia Pardo Bazán, destacaron o importante papel que desempeñou esta intelectual na loita contra as desigualdades da muller.[2]
Terceira edición editar
Na terceira edición, de 2021, o Pazo de Meirás acolleu por primeira vez a entrega das medallas Emilia Pardo Bazán, coincidindo co día do aniversario da escritora no ano do centenario da súa morte. O acto celebrouse nos xardíns do Pazo, pois o Goberno galego xa acordara o pasado mes de febreiro atender a petición de celebrar o 8 de marzo o acto de entrega das Medallas Pardo Bazán 2020. As personalidades recoñecidas foron a fundadora e presidenta desde 2001 até o seu falecemento en 2009, da Asociación Alar de Galicia, María Jesús Díaz Sánchez; a produtora, escritora e directora de cine Zaza Ceballos e a Asociación Mirabal. O acto foi presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e tamén asistiron representantes públicos, como o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a Consellería de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.[2][3][4]
Notas editar
- ↑ "ADICAM, CLUN e Ángeles Carmona, Medallas Emilia Pardo Bazán". CRTVG. 1 de agosto de 2019. Consultado o 5 de novembro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 "El Pazo de Meirás acogerá por primera vez la entrega de las medallas Emilia Pardo Bazán" (vivagaliciatv). 16 de setembro de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021.
- ↑ "La Xunta entrega las medallas Pardo Bazán en un acto en el que premiados instan a luchar contra la violencia machista". Europa Press Galicia. 16 de setembro de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021.
- ↑ Pan, José Manuel (16 de setembro de 2021). "El pazo de Meirás acoge la entrega de las medallas Pardo Bazán que organiza la Xunta". La Voz de Galicia. Consultado o 5 de novembro de 2021.