Maximino Díaz Bugallo

canteiro e militar galego

Maximino Díaz Bugallo, nado en Millarada (Forcarei) en novembro de 1914 e finado na Fonsagrada o 31 de outubro de 1937, foi un canteiro e militar galego.

Infotaula de personaMaximino Díaz Bugallo
Biografía
Nacementonovembro de 1914 Editar o valor em Wikidata
Millarada, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de outubro de 1937 Editar o valor em Wikidata (22 anos)
A Fonsagrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncanteiro , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Canteiro de Millarada afiliado á CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sarxento do Batallón Galicia no Exército Popular da República en Asturias.[1] Coa caída da fronte norte tratou de retornar a Galicia cun grupo de dezaseis anarquistas do Batallón Galicia comandados por José Moreno Torres. A noite do 29 ao 30 de outubro de 1937 chegaron ao porto do Acevo, nos límites de Asturias e Galicia. Alí fixeron noite en dous grupos en dúas tabernas. O grupo de nove que durmía na taberna máis internada en Galicia no que estaban Maximino Díaz e Manuel Rivas Rey foi sorprendido por falanxistas e gardas civís da zona, que os capturaron e executaron sumariamente. O outro grupo, alertado polos disparos, non foi sorprendido; enfrontáronse aos atacantes e mataron a un falanxista á unha da madrugada do día 30 de outubro. Despois dun breve tiroteo escaparon pola parte posterior da casa e internáronse no monte. Foi soterrado nunha fosa común do cemiterio da Fonsagrada.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar