Mary Renault

Eileen Mary Challans,[1] nada en Forest Gate (Essex) o 4 de setembro de 1905 e finada na Cidade do Cabo 0 13 de decembro de 1983, foi unha escritora inglesa-surafricana, coñecida como Mary Renault,[2] coñecida polas súas novelas históricas ambientadas na antiga Grecia. Ademais de vívidos retratos ficticios de Teseo, Sócrates, Platón e Alexandre o Grande, escribiu unha biografía de Alexandre.

Mary Renault
Nacemento4 de setembro de 1905
 Londres
Falecemento13 de decembro de 1983
 Cidade do Cabo
NacionalidadeReino Unido e Suráfrica
Alma máterSt Hugh's College
Ocupaciónnovelista, escritora e enfermeira
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Renault naceu en Dacre Lodge, 49 Plashet Road, Forest Gate, Essex (actualmente en Londres), filla do médico Frank Challans e de Mary Clementine Newsome Baxter Challans. Estudou primeiro na escola familiar de Levick e en Clifton Girls School en Bristol. Recibiu leccións de inglés en St Hugh's College, Oxford, entón un college feminino, recibindo un grao en 1928.[3] En 1933 comezou a aprender enfermaría en Radcliffe Infirmary en Oxford. Durante o seu adestramento coñeceu a Julie Mullard (1912–1996), compañeira enfermeira coa que iniciou unha duradeira relación romántica.

Traballou como enfermeira mentres comezaba unha carreira literaria, tratando os evacuados de Dunkerque no Hospital de Emerxencia de Winford en Bristol, e traballando na vixilancia de cirurxía cerebral en Radcliffe Infirmary ata 1945. Publicou a súa primeira novela, Purposes of Love, en 1939: estaba ambientada na época contemporánea, e a novelista Linda Proud describiuna como "unha estraña combinación de platonismo e romance hospitalario".[4] A súa novela The Friendly Young Ladies (1943), sobre unha relación lésbica entre unha escritora e unha enfermeira, parece inspirada pola súa propia relación con Mullard.

En 1948, despois de que a súa novela Return to Night gañase un premio da MGM por valor de 150 000, Renault e Mullard emigraron a Suráfrica, onde permaneceron o resto das súas vidas. Alí, segundo Proud, atoparon unha comunidade de expatriados homosexuais que "escaparan das actitudes represivas cara á homosexualidade en Gran Bretaña en comparación coa atmosfera comparativamente liberal de Durban.... Mary e Julie viron posible establecerse xuntas nesta nova terra sen causar a furia que ás veces provocaran na súa patria".[4] Porén, Renault e Mullard foron crítcias con aspectos menos liberais do seu novo país, e participaron no movemento Black Sash contra o apartheid na década de 1950.

Pouco antes da súa morte, Renault foi listada como unha das alumnas que deran máis honra á Radcliffe Infirmary Nurses' Home.[5] Debido ao especialmente húmido inverno de 1983 na Cidade do Cabo, Ranault tivo un pequeno catarro. Ao principio, a tose non era máis que un pouco irritante para ela, mais axiña empeorou. Despois de que Mullard contase os seus temores ao seu amigo mutuo, o doutor Sonnenberg, aplicáronlle raios X, e diagnosticáronlle pneumonía, sendo enviada a un sanatorio. Tras fracasar na eliminación da pneumonía con antibióticos, un cirurxián británico visitante realizoulle unha broncoscopia con anestesia xeral. Pouco despois, o doutor revelou a Mullard que atopara fluídos no pulmón e aspirara algún del; a causa era cancro. Mullard pediu aos médicos que non dixesen nada a Renault a non ser que ela o pedise. En outubro, un amigo do doutor Sonnenberg, o doutor Slome, estivo drenando líquido dúas veces por semana e estaba decidido a inxectar un novo fármaco na pleura a mañá seguinte, coa esperanza de que evitase a formación de máis fluído. Antes de que comezase a operación, Mullard recibiu unha chamada, que sabía que "só podía significar unha cousa".[6] Mary Renault faleceu na Cidade do Cabo o 13 de decembro de 1983.

ObrasEditar

Ficción contemporáneaEditar

  • Purposes of Love (1939).
  • Kind Are Her Answers (1940).
  • The Friendly Young Ladies (1944).
  • Return to Night (1947).
  • The North Face (1948).
  • The Charioteer (1953).

Novelas históricasEditar

Non ficciónEditar

  • The Lion in the Gateway: The Heroic Battles of the Greeks and Persians at Marathon, Salamis, and Thermopylae (1964), sobre as guerras médicas.
  • The Nature of Alexander (1975), biografía de Alexandre o Grande.

NotasEditar

  1. "Discover - St Hugh's College, Oxford". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2010. Consultado o 28 de decembro de 2019. 
  2. "She always pronounced it 'Ren-olt', though almost everyone would come to speak of her as if she were a French car." Sweetman, David (1994). Mary Renault: A Biography. Orlando, FL: Harvest/HBJ. pp. 74. ISBN 0-15-600060-1. 
  3. "Renault, Mary (1905–1983) - Encyclopedia.com". www.encyclopedia.com. 
  4. 4,0 4,1 Proud, Linda (1999). "The Glimpse of a Strong Greek Light". Historical Novel Society. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 23 de outubro de 2007. 
  5. Sweetman, David (1993). Mary Renault. Estados Unidos: Harcourt Brace & Company. p. 307. 
  6. Sweetman, David (1993). Mary Renault. Estados Unidos: Harcourt Brace & Company. pp. 301–304. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar