Martin Holt, nado en Londres o 13 de xaneiro de 1881 e finado en Bognor Regis o 11 de febreiro de 1956, foi un tirador de esgrima inglés, gañador de dúas medallas olímpica.

Martin Holt
Nacemento13 de xaneiro de 1881
 Londres
Falecemento2 de novembro de 1956
 Bognor Regis
NacionalidadeReino Unido
Ocupaciónesgrimista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Participou nos Xogos Olímpicos de 1908 logrando a medalla de prata en espada por equipos xunto con Edgar Amphlett, Cecil Haig, Leaf Daniell e Robert Montgomerie. Nos Xogos de 1912 repetiu o metal tamén en espada cun equipo composto daquela por Edgar Seligman, Robert Montgomerie, John Blake, Percival Davson, Arthur Everitt, Sydney Martineau e o propio Holt. Tamén competiu nos Xogos Olímpicos de 1920, 1924 e 1928.

Véxase taménEditar