Edgar Isaac Seligman, nado en San Francisco o 14 de abril de 1867 e finado en Londres o 27 de setembro de 1958, foi un pintor e tirador de esgrima inglés, gañador de tres medallas olímpicas.

Modelo:BiografíaEdgar Seligman

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de abril de 1867 Editar o valor en Wikidata
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte27 de setembro de 1958 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Altura174 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónesgrimista, pintor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1890 Editar o valor en Wikidata - 1958 Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor en Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor en Wikidata
Participou en
1924Xogos Olímpicos de 1924
1920Xogos Olímpicos de 1920
1912Xogos Olímpicos de 1912
1908Xogos Olímpicos de 1908
1906Xogos Olímpicos de 1906 Editar o valor en Wikidata

Olympic.org: edgar-seligman WikiTree: Seligman-75 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Seligman naceu nos Estados Unidos de pais alemáns que acabaron por establecerse en Londres, onde adquiriu a cidadanía británica.[1] Loitou na Guerra Boer co Imperial Yeomanry. Esgrimista de sona participou en cinco olimpiadas como membro do equipo de esgrima británico, e foi o único home en gañar o campionato británico nas tres armas dúas veces.[2]

Carreira deportiva

editar

Campionato Británico

editar

Seligman foi o campión británico de espada en 1904 e 1906,[3] de florete en 1906–1907 e de sabre en 1923 e 1924.

Xogos Intercalados

editar

En 1906 competiu nos "Xogos Intercalados" de Atenas, logrando a medalla de prata co equipo de espada.[4]

Xogos Olímpicos de 1908

editar

Co Reino Unido como o país organizador en 1908, Seligman e os seus compañeiros de equipo gañaron a medalla de prata na competición de espada por equipos, tras derrotar a Bélxica e Dinamarca. Seligman non tivo éxito en espada individual, perdendo na primeira rolda.

Xogos Olímpicos de 1912

editar

Catro anos máis tarde, nos Xogos Olímpicos de 1912 de Estocolmo, Seligman fooi o capitán do equipo británico, competindo en tres probas, chegando á final nas tres e gañando a prata en espada por equipos; en espada individual quedou sexto ao igual ca en florete.

Xogos Olímpicos de 1920

editar

Nos Xogos Olímpicos de 1920 de Anveres foi de novo o capitán británico do equipo de esgrima, rematando sétimo na competición de florete por equipos e quinto en espada por equipos.

Xogos Olímpicos de 1924

editar

Nos Xogos Olímpicos de 1924 de París, Seligman foi o capitán por terceira vez, nas primeiras tres roldas en florete individual gañou 12 dos 13 encontros chegando á final, pero por mor dun accidente mancou unha perna e tivo que retirarse.

Xogos Olímpicos de 1928 e 1932

editar

Nos Xogos Olímpicos de 1928 e 1934 participou nas competicións artísticas de pintura.[5]

  1. Wills and Bequests - Print Collection for Museums" (Deaths). The Times (London). Friday, 30 January 1959. Issue 54372, col B, p. 15.
  2. fencingmuseum.com
  3. "Encyclopedia Britannica, 11ª ed". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2012. Consultado o 01 de decembro de 2012. 
  4. "Encyclopedia Britannica, 11ª ed.". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2013. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  5. "Edgar Seligman Olympic Results". sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2009. Consultado o 25 March 2010. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar