Martiño Rivas
Martiño Rivas López, nado en Vimianzo o 10 de xaneiro de 1985,[1] é un actor galego, coñecido artisticamente noutrora como Martín Rivas[2]. Interpretou a Marcos Novoa Pazos na serie de televisión de Antena 3 El internado e o seu papel no filme Os xirasoles cegos valeulle un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xaneiro de 1985 (39 anos) Vimianzo, España |
Educación | Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | actor, modelo, actor de televisión |
Período de actividade | 1998 - |
Familia | |
Pai | Manuel Rivas |
Irmáns | Sol Mariño |
|
Traxectoria
editarComezou a súa carreira como actor sendo un neno, na serie da TVG Mareas vivas. Traballou nela de 1998 a 2000, nas temporadas primeira a terceira. En 2004 participou na rodaxe da curtametraxe Puzle, de 24 minutos de duración. En 2005 tivo tamén un papel secundario, como David, nas dúas temporadas de Maridos e mulleres, de Zénit Televisión para TVG. Das teleseries de ámbito autonómico pasou a traballar en series estatais como SMS, na cal sae en cinco episodios. Dende 2007 a 2010, fixo o papel de Marcos Novoa Pazos na serie El Internado de Antena 3. No 2008, fixo a súa primeira aparición no cine, no filme de José Luis Cuerda Os xirasoles cegos xunto a Javier Cámara e Maribel Verdú. A súa interpretación valeulle un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación. O ano seguinte, aparece na curtametraxe Universos xunto coa súa compañeira de El Internado Blanca Suárez. No 2011 fai o seu debut no teatro coa obra Drácula, na que interpreta a Jonathan Harker.
Vida persoal
editarFillo do escritor Manolo Rivas e de María Isabel López. Rivas graduouse nun instituto de Londres e posteriormente estudou comunicación audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela.[3] Ademais do galego e o castelán, fala fluidamente o inglés.[4]
Mantivo unha relación coa actriz Irene Escolar[5].
En 2017 comezou unha relación con Kayoko Everhart, modelo e bailarina de orixe afroxaponesa da Compañía Nacional de Danza coa que tivo unha filla. [6]
Desde 2020 mantén unha relación coa modelo francesa Lily Fofana, é filla do exfutbolista marfileño Youssouf Falikou Fofana e a ex do YouTuber Sneako co que rompeu en 2020.
Martiño decidiu castelanizar o seu nome por Martín porque non o entendían en Madrid.[2]
Filmografía
editarAno | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
2008 | Os xirasoles cegos | Lalo | Drama dirixido por José Luis Cuerda |
2013 | Gente en sitios | Martiño | Comedia dirixida por Juan Cavestany |
2013 | Tres bodas de más | Dani | Comedia romántica dirixida por Javier Ruiz Caldera |
2014 | Por un puñado de besos | Dani | Drama romántico dirixido por David Menkes |
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1998-2000 | Mareas vivas | Dani | 22 episodios |
2006-2007 | SMS | Moisés | 5 episodios |
2006-2008 | Maridos e mulleres | David | 21 episodios |
2007-2010 | El internado | Marcos Novoa Pazos | 71 episodios |
2012-2013 | El don de Alba | Pablo Escudero | 13 episodios |
2014 | Romeo and Juliet | Romeo | Miniserie |
2016 | Web Therapy | Mario González | 2 episodios |
2017 | Sé quien eres | Marc Castro | 16 episodios |
2017-2020 | Las chicas del cable | Carlos Cifuentes | 37 episodios |
2022 | Fuerza de paz | Ignacio Moreno | |
2023 | Nacho Vidal, una industria XXL | Nacho Vidal |
Curtametraxes
editar- Puzzle (2004). Curtametraxe gravada en Santiago de Compostela.
- Atopeite (2006). Dirixida por Susana Pérez.
- Universos (2009). Dirixida por José Corbacho e Juan Cruz. Como Álex.
Obras de teatro
editar- Drácula (2007) de Bram Stoker. Dirixida por Eduardo Bazo e Jorge de Juan e protagonizada por Emilio Gutiérrez Caba e Ramón Langa, entre outros. Como Jonathan Harker.
- La Monja Alférez (2013) de Domingo Miras. Dirixida por Juan Carlos Rubio. Centro Dramático Nacional.
- Cuestión de altura (2014) de Sandra García Nieto. Dirixida por Rubén Cano. Como Rubén. Teatro Español
- Jauría (2019-2021) de Jordi Casanovas. Dirixida por Miguel del Arco. Como Antonio Guerrero. Teatro Kamikaze y Gira.
Premios e nomeamentos
editar- Premios Goya
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor actor revelación | Os xirasoles cegos | Nomeado |
- Festival de cine e telivisión Islantilla
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Camaleón de honra (premio revelación) | El internado | Gañador |
- Premios Vieira de Prata
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor actor revelación | El internado | Gañador |
- Premios EP3
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor actor revelación | Os xirasoles cegos | Gañador |
Notas
editar- ↑ "Martín Rivas en… ¡Algo se mueve!". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2014. Consultado o 18 de xaneiro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 Martín Rivas nació en un café.
- ↑ "Martín Rivas, el más guapo de ‘El Internado’". www.seriesblog.es (en castelán). 3 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 3 de outubro de 2012.
- ↑ Pontevedra, Silvia (16 de xuño de 2007). "Martín Rivas nació en un café". El País (en castelán). Consultado o 3 de outubro de 2012.
- ↑ http://www.poprosa.com/2008/04/25-martin-rivas-y-su-nueva-novia
- ↑ "La foto de Martiño Rivas con su hija de dos años". Antena 3. Consultado o 18/07/2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Martiño Rivas |