Martiño (antroponimia)
Martiño[1] é un nome propio galego proveniente do latín Martinus, derivado de Mars, Martis, de Marte, o deus da guerra da mitoloxía romana. Por vir deste deus significa 'home marcial, belicoso, guerreiro'.
Corre tamén a variante Martín e os hipocorísticos Tiño, Tiñolo e Martiñoco. O nome deu lugar ós apelidos Martínez, Martín e Martíns.
Celebra a festa o 11 de novembro, por San Martiño de Tours, pero tamén pode facelo o 20 de marzo (San Martiño Dumiense), o 13 de abril (San Martiño I papa) ou o 3 de novembro (San Martiño de Porres).
San Martiño de Tours
editar- Artigo principal: Martiño de Tours.
San Martiño de Tours (316-397) foi un soldado romano, natural da actual Hungría, que, segundo a lenda, rachou a súa capa en dúas para darlle a metade a un pobre morto de frío [2]. Logo deixou o exército, bautizouse e pasou ó servizo de santo Hilario, en Poitiers, onde o nomearon bispo no 370.
Noutras linguas
editar- Alemán: Martin
- Asturiano: Martine
- Castelán: Martín
- Catalán: Martí
- Francés: Martin
- Inglés: Martin
- Italiano: Martino
- Vasco: Martiñ ou Matin
Martiños famosos
editar- Martín Codax trobador galego do século XIII, ao que foi dedicado o día das letras galegas de 1998 xunta a Johan de Cangas e Mendinho;
- Martiño I o Humano, rei da coroa de Aragón;
- Martin Luther King, activista que defendeu os dereitos dos negros estadounidenses;
- Martiño Lutero, iniciador da Reforma protestante;
- Frei Martín Sarmiento (1695-1772).
Notas
editar- ↑ Boullón Agrelo, A. I. "Martiño". Guía de nomes galegos. Real Academia Galega.
- ↑ Deulle só media capa porque, daquela, a metade de tódalas súas pertenzas correspondíalle ó César.