Martha Argerich

pianista arxentina

Martha Argerich, nada en Buenos Aires o 5 de xuño de 1941, é unha pianista arxentina de música clásica, considerada un dos maiores expoñentes da súa xeración e da posguerra. Especialmente celebrada polas súas interpretacións de Chopin, Liszt, Bach, Schumann, Ravel e Prokofiev.

Martha Argerich
Martha Argerich NYWTS.jpg
Argerich, 1962.
Nacemento5 de xuño de 1941
 Buenos Aires
NacionalidadeArxentina
Ocupaciónpianista
CónxuxeCharles Dutoit e Stephen Kovacevich
FillosLyda Chen-Argerich, Stéphanie Argerich e Annie Dutoit
PremiosCommandeur des Arts et des Lettres‎, Praemium Imperiale, Concurso internacional de execução musical de Genebra, Competição Internacional de Piano Frédéric Chopin, Prêmio Konex, Ferruccio Busoni International Piano Competition, Arrau Medal, Premio Kennedy, Commander of the Order of Merit of the Italian Republic e Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes
editar datos en Wikidata ]
Argerich, 2015.

TraxectoriaEditar

Martha Argerich naceu en Buenos Aires o 5 de xuño de 1941. Comezou a estudar piano dende moi pequena, e no 1945, con só catro anos de idade deu o seu primeiro recital público. No seu primeiro concerto formal aos oito anos de idade, interpretou o Concerto para piano opus 15 de Beethoven, e comezou a estudaar con Vicente Scaramuzza, tamén mestre -entre outros- de Bruno Gelber.

No ano 1955 o Presidente arxentino Juan Domingo Perón enviou ó seu pai como agregado económico da embaixada en Viena para que Martha tivese a mellor educación musical posible. Alí estudou con Friedrich Gulda, e máis tarde, en Xenebra, con Madeleine Lipatti e Nikita Magaloff.

“...Tenía un poco más de 12 años, había tocado en el Colón y Perón me había dado una cita en la residencia presidencial. Mamá preguntó si podía acompañarme y le dijeron que sí, por supuesto. Yo no era muy peronista; me acuerdo de que siempre estaba pegando por todos lados papelitos que decían ‘Balbín-Frondizi’. Él nos recibió y me preguntó: ‘¿Y adónde querés ir, ñatita?’. Y yo quería ir a Viena, para estudiar con Friedrich Gulda. A él le gustó que no quisiera ir a Estados Unidos. Lo más cómico fue que mi mamá, para congraciarse, le dijo que a mí me encantaría tocar un concierto en la UES. Y parece que yo debo haber puesto una cara bastante reveladora de que la idea no me gustaba porque Perón le empezó a seguir la corriente a mamá, diciéndole «por supuesto señora, vamos a organizarlo», mientras me guiñaba un ojo y, por debajo de la mesa, me hacía con un dedo que no. El la estaba cargando a mamá y a mí me tranquilizaba. Se dio cuenta de que yo no quería. Fantástico, ¿no? Y le dio un trabajo a mi papá. Lo nombró agregado económico en Viena. Y a mamá le dijo que le parecía que ella también era muy inteligente, emprendedora y capaz y le consiguió otro puesto en la embajada”
Martha Argerich, na revista Clásica nº 133, Buenos Aires, 1999.

Argerich casou tres veces: a primeira con Robert Chen, pai da súa filla maior, Lyda. Dende 1969 a 1973 estivo casada co director de orquestra Charles Dutoit, que continúa facendo gravacións e concertos coa pianista, e con quen tivo a súa segunda filla, Annie. O seu terceiro marido foi o pianista Stephen Kovacevich, pai da súa terceira filla, Stephanie.

Un dos seus amigos máis próximos é o pianista brasileiro Nelson Freire, que a acompaña frecuentemente en dúos de piano.

Argerich reside habitualmente en Bruxelas.

A súa relativa aversión á prensa e á publicidade mantivérona fóra do primeiro plano mediático durante a maioría da súa carreira profesional. Deu poucas entrevistas e en consecuencia pode non ser tan coñecida como outros pianistas de relevancia similar. Aínda así, é recoñecida como unha das grandes virtuosas do piano do noso tempo.[1]

Carreira profesionalEditar

En 1957, gañou dous prestixiosos concursos de piano con tres semanas de diferenza. Máis tarde, en 1965 obtivo o primeiro premio no Concurso Internacional de Piano Frédéric Chopin, recoñecida polas súas interpretacións de Chopin e Liszt.

En varias reportaxes, Argerich remarcou o seu sentimento de soidade no escenario durante a interpretación, e -quizais por eso- realizou moi poucos recitais de piano solista despois de 1980, centrándose en concertos para piano e orquestra, música de cámara e acompañamento instrumental en sonatas.

Foi recoñecida especialmente polas súas interpretacións de compositores clásicos do século XX, tales como Rachmaninov, Messiaen e Prokofiev. Unha das súas gravacións máis notables reúne o Concerto para piano n.º 3 de Rachmaninov co Concerto para piano n.º 1 de Tchaikovsky.

Obtivo tres premios Grammy, nos anos 2000, 2005 e 2006.

Anualmente no Teatro Colón de Buenos Aires lévase a cabo o Festival Martha Argerich, no cal se ofrecen concertos por músicos e intérpretes de diferentes partes do mundo, e ademais celébrase un concurso de piano no cal Argerich a menudo preside o xurado.

Premios e recoñecementosEditar

  • 1965 - Premio internacional Competición de piano Frederick Chopin, primeiro premio.
  • 1989 - Premio Konex de Platino, mellor pianista da década (1980-1989).
  • 1999 - Premio Konex de Brillante, personalidade máis destacada da música clásica da década (1990-1999)
  • 2000 - Premio Grammy ao mellor solista instrumental con acompañamento de Orquestra: Charles Dutoit (director), Martha Argerich e a Orquestra sinfónica de Montreal por Prokofiev: Conceerto para piano n.º 1 e Concierto para piano n.º 3 e Bartók: Concerto para piano n.º 3'
  • 2005 - Premio Grammy á mellor interpretación de música de cámara: Martha Argerich e Mikhail Pletnev por Prokofiev (Arr. Pletnev): Cenicienta Suite para dous pianos e Ravel: Ma Mere L'Oye.
  • Premio Asociación Xaponesa das Artes.[2]
  • 2006 - Premio Grammy ao mellor solista instrumental con acompañameento de Orquestra: Claudio Abbado (director), Martha Argerich e a Orquestra de Cámara Mahler por Beethoven: Concertos para piano n.º 2 e 3.

Referencias discográficasEditar

  • Great Pianists Of The 20th Century. Philips (456 700-2).Sinfónica de Londres, Filharmónica de Berlin, Sinfónica da Radio de Berlín. Directores: Abbado, Chailly.
    • Volumen 2: Bach, Liszt, Ravel, Prokofiev e Rachmaninov.
    • Volumen 3: Chopin, Schumann e Liszt.
  • Colección completa: piano solo: Chopin, Bach, Schumann, Liszt, Brahms, Ravel,Prokofiev. Dous Pianos: Tchaikovski, Rachmaninov. Concertos: Beethoven, Chopin, Chaikovski, Schumann, Liszt, Prokofiev Ravel. Philharmonia, National Symphony, Royal Philharmonic, Sinfónica de Londres e Filharmónica de Berlín. Sinopoli, Rostropovich, Dutoit, Abbado. 11 Discos compactos Deutsche Grammophon (453 566-2)
  • Chopin: Sonata en si menor. Mazurkas, op. 59. n.º 1-3. Scherzo en do sostido menor, op. 39. Polonesa en la bemol maior, op. 53. Emi (7243 5 56805 2 5).
  • Chopin: Concertos. Sinfónica de Montreal. Dir:Dutoit. Emi (7243-5-56798-2-6).
  • Shostakovich: Concerto n.º 1. Haydn: Concerto. Orquestra de cámara de Würtemberg. Dir:Faerber. Deutsche Grammophon (439 8642).
  • Chopin: Concerto n.º 1. Scherzo n.º 3. Filharmónica Nacional de Varsovia. Dir: Rowicki, Laserlight (14 168).
  • Tchaikovski: Concerto n.º 1. Sinfónica da Radio de Baviera. Kondraschin. Philips (446 673-2).
  • Rachmaninov: Concerto n.º 3. Sinfónica da Radio de Berlín. Dir.Chailly.
  • Schumann: Concerto. Orquestra Nacional de Francia, Dir.Celibidache. Artists Fed (012).

NotasEditar

  1. Stanley Sadie (Ed.) (1981). The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Londres: Macmillan. ISBN 0-333-23111-2.
  2. "Premio en Japón", Diario Clarin de Buenos Aires, 18 de outubro de 2005 (en castelán).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Bellamy, Olivier. Martha Argerich : L'enfant et les sortilèges (Broché) ISBN 2283023467

Ligazóns externasEditar