Marta Lois

política galega
(Redirección desde «Marta Irene Lois González»)

Marta Irene Lois González, máis coñecida como Marta Lois, nada en Vigo en 1969 e aveciñada en Santiago de Compostela, é unha profesora universitaria, politicóloga e política galega.

Infotaula de personaMarta Lois

(2023) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de setembro de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Concelleira do Concello de Santiago de Compostela
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - ciencia política (–2000) Editar o valor em Wikidata
Director de teseRamón Máiz Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoliticóloga , profesora universitaria , política Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMovemento Sumar (2023–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
Fillosdous

Twitter: MLoisgonzalez Instagram: martaloisgonzalez LinkedIn: marta-lois-1bb8ab125 Dialnet: 560678 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formouse na Universidade de Santiago de Compostela[1], doutorouse coa tese Fundamentos de la identidad política. El concepto político del Yo y las teorías de la democracia (2000) dirixida por Ramón Máiz. É profesora na Facultade de Ciencias Políticas desa universidade.[2] Tras un tempo cunha excedencia, en 2024 regresou á docencia.[3]

Ten máis dunha ducia de artigos en revistas especializadas de xénero, política e administración. Participou en moitas obras colectivas, ademais de coordinar publicacións da súa especialidade.[4]

 
Benito Portela, Marta Lois, Antón Sánchez García, María García Gómez, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega en 2022.

Política editar

Empezou na política en 2015 tras ser elixida concelleira en Concello de Santiago de Compostela pola candidatura de Compostela Aberta que encabezaba Martiño Noriega. A formación foi a máis votada e pasou a gobernar en minoría, pasando a ocupar a carteira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo[5], así como a portavocía do grupo municipal da súa formación.

En 2019 volveu a ser elixida concelleira, se ben Compostela Aberta sufriu unha desfeita que a fixo pasar de primeira a terceira forza política, polo que pasou á oposición. En xullo de 2020 asumiu a portavocía do grupo municipal trala renuncia de Martiño Noriega. En outubro de 2022 renunciaría como portavoz. Pouco tempo antes incorporárase á dirección da plataforma Sumar encabezada por Yolanda Díaz.

A finais de maio de 2023, Yolanda Díaz nomeouna como presidenta de Sumar.[6] Foi elixida parlamentaria nas eleccións xerais de xullo de 2023 como cabeza de lista de Sumar pola Coruña.[7]

En agosto de 2023 tamén foi nomeada portavoz parlamentaria de Sumar no Congreso dos Deputados.[8] En decembro dese mesmo ano anunciouse a súa candidatura a presidir a Xunta de Galicia como cabeza de lista da súa formación política nas eleccións autonómicas do 18 de febreiro de 2024. Non obtivo escano.

Obra editar

  • ¿Han conquistado las mujeres el poder político? Un análisis de la presencia de las mujeres en las instituciones autonómicas (2012). Con Isabel Diz Otero. Catarata. ISBN 9788483197165.

Notas

  1. "ORCID". orcid.org. Consultado o 1/6/2023. 
  2. "Marta Lois González – Máster Universitario online en Dirección Pública y Liderazgo Institucional". masterdireccionyliderazgo.webs.uvigo.es. Consultado o 1/6/2023. 
  3. "Marta Lois regresa a su puesto en la universidad pero continuará ligada a Sumar en un rol que decidirá "a futuro"". Europa Press (en castelán). 22 de febreiro de 2024. 
  4. "Marta Irene Lois González". Dialnet (en castelán). Consultado o 2023-08-10. 
  5. "Compostela Aberta. Ayuntamiento de Santiago de Compostela". santiagodecompostela.gal. Consultado o 1/6/2023. 
  6. Salgado, Lara (31/5/2023). "¿Quién es Marta Lois, la presidenta de Movimiento Sumar?". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 1/6/2023. 
  7. Ortiz, Beatriz Muñoz, Alberto (2023-08-09). "Marta Lois, la académica dialogante que pondrá voz a Sumar en el Congreso". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2023-08-10. 
  8. "Quién es Marta Lois, la designada por Yolanda Díaz para ocupar el puesto de Pablo Echenique - Público TV". www.publico.es. Consultado o 2023-08-10. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar