Marta Brañas

boxeadora galega


Marta Brañas Rumbo, nada en Arteixo o 3 de agosto de 1985, é unha militar galega, que chegou a ser campioa de España de boxeo profesional.

Infotaula de personaMarta Brañas
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1985 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Arteixo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónboxeadora , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteBoxeo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Iniciouse no deporte no kung-fu, onde chegou a ser cinto negro[1]. En 2003 deixou o kung fu pola práctica do boxeo no ximnasio local Planas Box onde Brañas adestrou como puxilista da categoría mosca e, en ocasións, galo[2] e supermosca. En 2009 trasladouse a Madrid para formarse como boxeadora no centro de alto rendemento Blume. Ao ano seguinte lesionouse durante varios meses, pero en 2011 regresou á preparación de boxeo de alto nivel[2]. Uniuse á selección española feminina de boxeo e participou con ela nos mundiais de 2012 de afeccionadas, disputados en Qinhuangdao (China), no peso mosca. Nese mundial competiron tres boxeadoras españolas e Brañas foi derrotada no seu primeiro combate, contra a surcoreana Kim Ye-ji, cando o árbitro detivo a pelexa.

En 2014 obtivo o campionato de España de peso galo en amateur[2]. Nese mesmo ano converteuse na primeira boxeadora profesional galega, ao asinar un contrato cunha promotora dos Estados Unidos. Instalouse en Lakewood (condado dos Ánxeles) e disputou tres pelexas na fornteira mexicana, dúas en Mexicali e unha en Tijuana, que ademais resultan en tres vitorias[3]. Pero nese verán regresa a Galicia e en setembro de 2015 disputa o seu primeiro combate profesional de volta, en Arteixo[3]. En decembro dese ano converteuse na primeira campioa de España de boxeo con carácter profesional nun combate disputado na Coruña, onde venceu a badalonense Maribel de Sousa.

Como boxeadora chamábanlle a "potrilla de Arteixo", que é o español para poldriña, dado que Brañas traballaba na coida e preparación de cabalos e posuía unha poldra[1]. O seu adestrador como púxil foi Chano Planas.

Abandonou o boxeo en maio de 2017 por mor dun conflito económico entre promotores en Panamá[4], cando estaba a prepararse para un combate polo título mundial dos supermosca contra a peruana Linda Laura Lecca. No total da súa carreira profesional como boxeadora disputou nove combates e gañounos todos

Vida persoal editar

Sen deixar a súa profesión como militar en infantaría, cando abandonou o boxeo comezou a practicar o fútbol coa SCD Pastoriza, de Pastoriza. Tamén compite en saltos de equitación.

Ademais de militar, estuda enfermería na Universidade da Coruña.

Recoñecementos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Tackle Sports Magazine (2015-10-16). "Reportaje Marta Brañas". Consultado o 2018-03-08. 
  2. 2,0 2,1 2,2 AS, Diario (2014-11-01). "Marta Brañas, del ejército a profesional en Estados Unidos". AS.com (en castelán). Consultado o 2018-03-08. 
  3. 3,0 3,1 "BoxRec". boxrec.com. Consultado o 2018-03-08. 
  4. "Campeona de boxeo y ahora futbolista: la fabulosa mutación de Marta Brañas. Noticias de Deportes". El Confidencial (en castelán). Consultado o 2018-03-08.