Marion Mahony Griffin

Arquitecta e artista estadounidense

Marion Mahony Griffin, nada en Chicago o 14 de febreiro de 1871 e finada o 10 de agosto de 1961, foi unha artista e arquitecta americana. Foi unha das primeiras mulleres licenciadas arquitectas no mundo, e é considerada membro fundador da Prairie School.[1] Durante a súa vida, realizou algúns dos mellores deseños arquitectónicos en América e deseñou a entón nova capital de Australia, Camberra.[2]

Infotaula de personaMarion Mahony Griffin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1871 Editar o valor em Wikidata
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte10 de agosto de 1961 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Graceland 41°57′25″N 87°39′34″O / 41.957008, -87.659386 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Australia Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecta , artista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeWalter Burley Griffin

WikiTree: Mahoney-1063 Find a Grave: 6819516 Editar o valor em Wikidata
Acuarela do Proxecto Camberra
Estudio de artista (Sección). Acuarela e tinta de Marion Griffin 1894
Deseño para o Proxecto 2 da Exposición de Residencia Suburbana
Deseño para o Proxecto 1 para a Exposición de Residencia Suburbana

Infancia e educación editar

Marion Mahony Griffin naceu en 1871 en Chicago, foi a segunda filla e a irmá máis vella dos cinco fillos que sobreviviron de Jeremiah Mahony, un xornalista de Cork, Illa de Irlanda, e Clara Hamilton, unha mestra de escola. A súa familia mudouse á veciña Winnetka despois do grande incendio de Chicago. Ao medrar alí, quedou fascinada pola rápida conversión da paisaxe nas casas suburbanas que encheron esa zona. Estivo influenciada polo seu primeiro curmán, o arquitecto Dwight Perkins, e decidiu acrecentar a súa educación. Graduouse no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (M.I.T.) en 1894. Foi unha das primeiras mulleres que recibiron un diploma en arquitectura. Aínda que cun gran talento, ás veces tivo dificultades para atopar o seu lugar na sociedade e no seu campo profesional. Non estaba segura da súa habilidade para completar a tese requirida polo seu título de grao, mais o seu profesor, Constant-Désiré Despradelle, alentouna.[3]

Carreira arquitectónica editar

Obra con Frank Lloyd Wright editar

Despois da graduación, Mahony traballou no estudo de arquitectura do seu curmán, que estaba situado en Steinway Hall en 64 E. Van Buren no centro de Chicago. O espazo estaba compartido con moitos outros arquitectos, incluíndo Robert C. Spencer, Myron Hunt, Webster Tomlinson, Irving Pond e Allen Bartlitt Pond, Adamo Boari, Birch Long e Frank Lloyd Wright. En 1895, Mahony, a primeira empregada contratada por Frank Lloyd Wright, traballou deseñando edificios, mobiliario, xanelas con vidreiras e paneis decorativos.[4] As súa fermosas representacións de acuarelas de edificios e paisaxes fixéronse coñecidas como unha base do estilo de Wright, aínda que ela nunca foi distinguida polo famoso arquitecto. Sobre un século máis tarde sería coñecida como un/ha das/os máis grandes delineantes do eido da arquitectura, mais durante a súa vida o seu talento foi visto como só unha extensión do traballo feito por homes arquitectos. Estivo asociada co estudio de Wright case quince anos e foi unha importante colaboradora da súa reputación, particularmente polo influente Wasmuth Portfolio, para o cal Mahony creou máis da metade dos numerosos proxectos. O crítico da arquitectura Reyner Banham dixo dela que era a/o "mellor delineante da súa xeración". O seu proxecto da Casa K. C. DeRhodes en South Bend, Indiana foi enxalzado por Wright logo da súa finalización e por moitos críticos.[5]

Wright subestimou as contribucións dos demais na Prairie School, Mahony incluída. Desafortunadamente, os puntos de vista da maioría dos historiadores da arquitectura desde 1950 ao 2000 seguiron o exemplo de Wright. Unha comprensión clara da contribución de Marion Mahony á contribución do Oak Park Studio veu do fillo de Wright, John Lloyd Wright, que dixo que William Drummond, Francis Barry Byrne, Walter Burley Griffin, Albert Chase McArthur, Marion Mahony, Isabel Roberts e George Willis eran as/os delineantes—os cinco homes e dúas mulleres que fixeron contribucións valiosas ao estilo de arquitectura Prairie polo que Wright se fixo famoso.[6] Durante este tempo Mahony deseñou a Gerald Mahony Residence (1907) en Elkhart, Indiana para o seu irmán e cuñada.[7]

 
David M. Amberg House, 2009

Cando Wright fuxiu a Europa con Mamah Borthwick Cheney en 1909, ofreceulle o traballo do Estudio a Mahony. Ela declinou. Mais despois de que Wright se fose, Hermann V. von Holst, que collera os encargos de Wright contratou a Mahony coa estipulación de que ela levase o control do deseño.[8] Nesta función, Mahony foi a arquitecta de cantidade de encargos que Wright abandonara. Dous exemplos son o primeiro deseño (sen construír) para a mansión de Henry Ford Dearborn, Fair Lane e a Amberg House en Grand Rapids, Míchigan.

Obra con Walter Burley Griffin editar

Mahony recomendou Walter Burley Griffin a von Holst para desenvolver o paisaxismo na área circundante ás tres casas encomendadas a Wright en Decatur, Illinois. Griffin era un compañeiro arquitecto, un compañeiro ex-empregado de Wright, e un dos principais membros da Prairie School de arquitectura. Mahony e Griffin traballaron no proxecto Decatur antes de casar; despois, Mahony traballou na práctica para Griffin. Rock Crest – Rock Glen en Mason City, Iowa, un proxecto con diversas casas de Walter Burley e Marion Mahory é considerado como o proxecto americano máis espectacular da década deste estilo e permanece como a maior colección de casas, nun contorno natural, no estilo Prairie.

Mahony e Griffin casaron en 1911, un matrimonio que durou 28 anos. As perspectivas en acuarela dos deseños de Walter para Camberra, a nova capital australiana, foron fundamentais para asegurar o primeiro premio na competición internacional para o plano da cidade. En 1914 a parella trasladouse a Australia para supervisar a construción de Camberra. Marion conseguiu a oficina de Sydney e foi responsábel do deseño dos seus despachos.[9] Foron os pioneiros do método de construción Knitlock, inexactamente emulado por Wright nas textile block house en California en 1920.

Máis tarde os Griffins puxeron en práctica na India e, en menos dun ano, Mahony supervisou alí o deseño de máis de cen edificios influenciados pola Prairie School.[10] Walter Griffin morreu na India en 1937 de peritonite tras unha colecistectomía. Mahony entón completou o traballo de ambos e volveu a Australia. Mahony e Griffin levaron o Prairie Style a dous continentes, lonxe das súas orixes. Mahony considerou a Louis Sullivan como o impulsor da filosofía da Prairie School. Pensou que o costume de acreditar a expansión do movemento explicou a súa morte precoz, nos Estados Unidos.[11]

Morte e legado editar

Marion Mahony Griffin morreu en Chicago, á idade de 90 anos. Aínda que sobreviviu 24 anos á morte do seu marido, pouco fixo na súa ancianidade para avanzar aínda máis na súa propia carreira arquitectónica. "A única vez que se dirixiu a Illinois Society of Architects, non fixo mención do seu traballo, no seu lugar deu clases ao público de antrosofía, unha filosofía de coñecemento espiritual desenvolvida por Rudolf Steiner."[12]

Está enterrada no Cemiterio de Graceland, Irving Park Road & Clark Street, Chicago, con outros arquitectos notábeis: David Adler, Louis Sullivan, Daniel H. Burnham, Bruce Goff, William Holabird, Howard Van Doren Shaw e Ludwig Mies van der Rohe.

En 2015, déronlle o seu nome a praia de Jarvis Avenue en Rogers Park, Chicago. Ao volver aos Estados Unidos en 1939, despois da morte do seu marido, vivira preto da praia. O Cónsul Xeral Autraliano, Roger Price, asistiu á dedicatoria da praia á muller que foi fundamental no deseño da capital australina.[13]

O Block Museum de Northwestern University expuxo algúns dos seus traballos en 2015. En 2016-17, unha exhibición da súa obra está exposta no Elmhurst History Museum.[14]

Obra arquitectónica atribuída en parte ou na súa totalidade editar

Listaxe parcial

Notas editar

  1. The First American Women Architects, by Sarah Allaback, p. 87
  2. web:http://www.canberratimes.com.au/act-news/canberra-life/making-magic-the-marion-mahony-griffin-story-20150915-gjmwrq.html Arquivado 17 de maio de 2017 en Wayback Machine.. Título: Making Magic - The Marion Mahony Griffin story. Glenda Korporaal. Data: 16 de outubro de 2015. Obra: canberratimes.com.au . Acceso aos datos: 16 de outubro de 2016.
  3. The American Midwest, by Richard Sisson, Christian K. Zacher, Andrew Robert Lee Cayton, Indiana University Press, 2007, p. 558
  4. Walter Burley Griffin, by Paul Kruty, University of Illinois at Urbana-Champaign
  5. Frank Lloyd Wright's Right-Hand Woman, by Lynn Becker, 2005
  6. "My Father: Frank Lloyd Wright", by John Lloyd Wright; 1992; p. 35
  7. web=http://nla.gov.au/nla.pic-vn3603884a-s356. Título: Interior view of Gerard Mahony House [picture]. nla.gov.au Consultado o 16 de outubro de 2016
  8. Mahony Griffin, Marion, "The Magic of America"
  9. "Marion Mahony". prairiestyles.com. Consultado o 16 de outubro de 2016. 
  10. The First American Women Architects, by Sarah Allaback, p. 89
  11. The Magic of America: Electronic Edition online version of Marion Mahony Griffin's unpublished manuscript, made available through The Art Institute of Chicago
  12. Bernstein, Fred. "Rediscovering a Heroine of Chicago Architecture". ny times. Consultado o 2011-11-28. 
  13. Woodard, Ben (May 22, 2015). "Aussie Beach". Edgewater News (A2). DNAinfo.com. 
  14. Tribune, Chicago. "Elmhurst exhibit on female architectural pioneer highlights out-of-box ideas". chicagotribune.com. Consultado o 16 de outubro de 2016. 
  15. "Exterior view of Gerald Mahony House [picture]". nla.gov.au. Consultado o 16 de outubro de 2016. 
  16. Heritage Hills Tours website[Ligazón morta]
  17. Prairie School Traveler.com website
  18. "The Prairie School Traveler". prairieschooltraveler.com. Consultado o 16 de outubro de 2016. 
  19. "Architecture - Adolph Mueller House". pbs.org. Consultado o 16 de outubro de 2016. 
  20. "The Prairie School Traveler". prairieschooltraveler.com. Consultado o 16 de outubro de 2016. 
  21. "No title available". nla.gov.au. Consultado o 16 de outubro de 2016. 
  22. "Interior view of Koehne House,Florida, U.S.A. [United States of America, 1] [picture]". nla.gov.au. Consultado o 16 de outubro de 2016. 
  23. "Interior view of Koehne House,Florida, U.S.A. [United States of America, 2] [picture]". nla.gov.au. Consultado o 16 de outubro de 2016. 
  24. "Exterior view of Koehne House, Florida, U.S.A. [United States of America, 1] [picture]". nla.gov.au. Consultado o 16 de outubro de 2016. 
  25. "Exterior view of Cooley residence, Monroe, Louisiana, U.S.A.[United States of America, 2] [picture]". nla.gov.au. Consultado o 16 de outubro de 2016. 
  26. "Exterior view of Cooley residence, Monroe, Louisiana, U.S.A.[United States of America,1] [picture]". nla.gov.au. Consultado o 16 de outubro de 2016. 
  27. Beyond Architecture, (editors) Marion Mahony Griffin, Anne Watson, Walter Burley Griffin
  28. "[Mr. S.R. Salter's completed Knitlock home at Toorak, Victoria, 1] [picture].". nla.gov.au. Consultado o 16 de outubro de 2016. 
  29. "Mr. Vaughan Griffin's segmental house at 52 Darebin Street, Heidelberg, Victoria, ca. 1927, [1] [picture].". nla.gov.au. Consultado o 16 de outubro de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Paul Kruty. "Griffin, Marion Lucy Mahony", American National Biography Online, febreiro 2000.
  • Brooks, H. Allen, Frank Lloyd Wright and the Prairie School, Braziller (en asociación co museo Cooper-Hewitt), Nova York 1984; ISBN 0-8076-1084-4
  • Brooks, H. Allen, The Prairie School, W.W. Norton, Nova York 2006; ISBN 0-393-73191-X
  • Brooks, H. Allen (editor), Prairie School Architecture: Studies from "The Western Architect", University of Toronto Press, Toronto & Buffalo 1975; ISBN 0-8020-2138-7
  • Brooks, H. Allen, The Prairie School: Frank Lloyd Wright and his Midwest Contemporaries, University of Toronto Press, Toronto 1972; ISBN 0-8020-5251-7
  • Waldheim, Charles, Katerina Rüedi, Katerina Ruedi Ray; Chicago Architecture: Histories, Revisions, Alternatives, University of Chicago Press, 2005; ISBN 0-226-87038-3, ISBN 978-0-226-87038-0
  • Wood, Debora (editor), Marion Mahony Griffin: Drawing the Form of Nature, Mary and Leigh Block Museum of Art and Northwestern University Press, Evanston, Illinois 2005; ISBN 0-8101-2357-6
  • BIRMINGHAM, ELIZABETH. "The Case of Marion Mahony Griffin and The Gendered Nature of Discourse in Architectural History." Women's Studies 35, no. 2 (March 2006): 87-123.
  • HASBROUCK, WILBERT R. 2012. "Influences on Frank Lloyd Wright, Blanche Ostertag and Marion Mahony." Journal Of Illinois History 15, no. 2: 70-88. America: History & Life.

Ligazóns externas editar