Abrir o menú principal

Mario Echandi Jiménez, nado 17 de xuño de 1915 en San Xosé, Costa Rica e finado na mesma cidade o 30 de xullo de 2011,[1] foi un diplomático e político, presidente de Costa Rica entre 1958 e 1962.

Mario Echandi Jiménez
Mario Echandi Jimenez cropped.jpg
Presidente de Costa Rica
Período8 de maio de 1958 - 8 de maio de 1962
AntecesorJosé Figueres Ferrer
SucesorFrancisco José Orlich Bolmarcich
Datos persoais
Nacemento17 de xuño de 1915
 San Xosé
Falecemento30 de xullo de 2011
OrganizaciónPartido Liberación Nacional
PaiAlberto Echandi Montero
CónxuxeOlga De Benedictis Antonelli
ProfesiónDiplomático e político
Relixióncatolicismo
Firma Mario Echandi Jimenez.jpg
editar datos en Wikidata ]

Foi fillo de Alberto Echandi Montero e Josefa Jiménez Rucavado. Casou con Olga De Benedictis Antonelli.

Índice

EstudosEditar

Cursou estudos no Liceo de Costa Rica e na Escola de Dereito, onde se graduou de Licenciado en Leis.

Primeiros cargos públicosEditar

Foi Agregado Militar en misión especial en Panamá en 1940, Embaixador de Costa Rica nos Estados Unidos de América, as Nacións Unidas e a OEA (1949-1950), Ministro de Relacións Exteriores e Cultura (1950-1952) e Deputado por San José (1953-1955).

Presidente da RepúblicaEditar

En 1958 foi elixido Presidente da República, cargo que exerceu de 1958 a 1962. O presidente Echandi obtivo 102.851 votos como candidato da partido Unión Nacional, Franciso J. Orlich candidato da partido Liberación Nacional obtivo 94.778 votos e Jorge Rossi Chavarría obtivo 23.910 votos polo partido Independente. Este último partido estaba constituído por ex membros da partido Liberación Nacional. Un ano antes da elección houbo unha escisión nese partido e un grupo dos seus partidarios encabezados polo Licenciado Jorge Rossi deixaron as súas filas[2].

Durante o seu goberno aprobáronse algunhas leis importantes, como a Lei de Aguinaldo, fundouse o Servizo Nacional de Aqueductos e Redes de sumidoiros[2], o Instituto de Terras e Colonización (ITCO), a Lei de Protección e Desenvolvemento Industrial, creouse o primeiro Plan Viario, cuxo obxectivo era construír unha rede de estradas e camiños no país segundo un plan previo.[2] E rompéronse relacións diplomáticas con Cuba debido á política de fusilamentos do réxime de Fidel Castro.

Reconciliación NacionalEditar

Durante o seu goberno permitiuse o regreso do ex presidente Rafael Ángel Calderón Gardia e os seus seguidores atoparon condicións para organizarse[3].

NotasEditar

  1. Nación.com Falleció expresidente Mario Echandi Jiménez (1958-1962). Consultado o 2 de setembro de 2012.
  2. 2,0 2,1 2,2 Historia de Costa Rica, Monge Alfaro, Carlos. edición #16, Imprenta Trejos, 1980, página 304
  3. Historia de Costa Rica, Monge Alfaro, Carlos. edición #16, Imprenta Trejos, 1980, página 305
Presidente de Costa Rica

Segue a:
José Figueres Ferrer
Mario Echandi Jiménez
Precede a:
Francisco José Orlich Bolmarcich
Partido Liberación Nacional