Marie Maynard Daly

bioquímica estadounidense

Marie Maynard Daly Clark, nada en 1921 en Nova York e finada en 2003, comezou os seus estudos de química e doutorouse na mesma disciplina, cun estudo de como as substancias químicas producidas no organismo contribúen á dixestión dos alimentos. Foi a primeira muller afroamercana en obter un doutoramento en química nos Estados Unidos de América.[1] Traballou durante anos como profesora universitaria.[2]

Infotaula de personaMarie Maynard Daly

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de abril de 1921 Editar o valor em Wikidata
Queens, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte28 de outubro de 2003 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNova York Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
EducaciónHunter College High School (en) Traducir
Universidade de Nova York - química
Queens College - química
Universidade de Columbia - química Editar o valor em Wikidata
Tese académicaA Study of the Products Formed by the Action of Pancreatic Amylase on Corn Starch (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1947 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseMary Letitia Caldwell (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica e Bioquímica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbioquímica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Yeshiva (pt) Traducir (1960–1986)
Universidade de Columbia, profesora (1955–1960)
Associação Americana do Coração (pt) Traducir
Queens College
Universidade Howard (pt) Traducir, mestra
Universidade Rockefeller (pt) Traducir
Universidade Howard (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
Cronoloxía
1961matrimonio Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Daly-3161

Daly realizou experimentos que estudaron os efectos do colesterol na mecánica corporal, os efectos dos azucres e outros nutrientes nas arterias e no sistema circulatorio . O seu traballo permitiu comprender os ataques cardíacos .

En 1988, esta investigadora creou un fondo de bolsas en homenaxe ao seu pai, para axudar a estudar os afroamericanos que queiran especializarse no mundo da física ou da química.

Marie Maynard é unha das cinco mulleres científicas (Florence Sabin, Gertrude Perlmann, Louise Pearce e Rebecca Lancefield )que aparecen retratadas nun cadro da Universidade de Rockefeller en 2022, a primeira vez que mulleres científicas son retratadas nesta institución en 121 anos de historia.[3]

Notas editar

  1. "Mary Maynard Daly, primera mujer afroamericana en obtener un doctorado en química en EE. UU.". Mujeres con ciencia (en castelán). 2020-11-19. Consultado o 2022-04-15. 
  2. Palomino, Zinthia (2019). Mujeres negras en la ciencia. ISBN 978-84-09-08025-0. 
  3. "https://www.rockefeller.edu/support-our-science/women-and-science/portrait-initiative/". Support our science (en inglés). Consultado o 2022-04-16.  Ligazón externa en |title= (Axuda)