Rebecca Lancefield

microbióloga estadounidense

Rebecca Craighill Lancefield, nada o 5 de xaneiro de 1895 e finada o 30 de febreiro de 1981, [1] foi unha destacada microbióloga estadounidense . Ingresou no Instituto Rockefeller de Investigación Médica de Nova York en 1918, e foi profesora nese Instituto durante a súa longa carreira. Os seus traballos comprenden máis de 50 publicacións ao longo de 60 anos.

Modelo:BiografíaRebecca Lancefield
Biografía
Nacemento(en) Rebecca Price Craighill Editar o valor en Wikidata
1895
Fort Wadsworth, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1981
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaEstados Unidos
País de nacionalidadeestadounidense
EducaciónInstituto Rockefeller de Investigación Médica, Nova York
Director de teseHans Zinsser (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBacterioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmicrobióloga, bacterióloga, profesora universitaria, immunóloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Rockefeller Editar o valor en Wikidata
Membro de

O seu principal logro foi o sistema de clasificación serolóxica de bacterias do xénero Streptococcus, baseado en certos antíxenos de membrana [2] presentes nas especies do devandito xénero. Este sistema de clasificación utilízase a nivel internacional na actualidade. [3]

Traxectoria

editar

Naceu en Fort Wadsworth, Staten Island, Nova York . Estudou no Wellesley College, Massachusetts e na Universidade de Columbia, Nova York. En Columbia, obtivo o seu doutoramento en 1925. Despois converteuse en profesora de microbioloxía na Universidade de Columbia de 1958 a 1965. En 1943, foi a segunda muller en ser presidenta da Asociación Americana de Bacteriólogos. En 1961, converteuse en presidenta da Asociación Americana de Inmunoloxía, a única muller que exerceu como presidenta desa asociación. En 1970 foi elixida para a Academia Nacional de Ciencias . En 1973 recibiu o doutoramento honoris causa en ciencias pola Universidade de Columbia.

Clasificacións

editar
  • Grupo A - Streptococcus pyogenes
  • Grupo B - Streptococcus agalactiae
  • Grupo C - Streptococcus equisimilis, Streptococcus equi, Streptococcus zooepidemicus, Streptococcus dysgalactiae
  • Grupo D - Enterococos, Streptococcus bovis, Streptococcus gallolyticus, Streptococcus infantarius
  • Grupo E - Streptococcus milleri, mutans
  • Grupo F - Streptococcus anginosus
  • Grupo G - Streptococcus canis, Streptococcus dysgalactiae
  • Grupo H - Streptococcus sanguis
  • Grupo L - Streptococcus dysgalactiae
  • Grupo N - Lactococcus lactis
  • Grupo R&S - Streptococcus suis
  • outras especies de Streptococcus foron clasificadas como "non estreptococos de Lancefield"

Recoñecementos

editar

Rebecca Lancefield é unha das cinco mulleres científicas (Florence Sabin, Gertrude Perlmann, Louise Pearce e Marie Maynard )que aparecen retratadas nun cadro da Universidade de Rockefeller en 2022, a primeira vez que mulleres científicas son retratadas nesta institución en 121 anos de historia.

  1. Maclyn McCarty. Biographical Memoirs. Washington, D.C.: National Academy of Sciences. pp. 225—246.  p. 227
  2. Lancefield RC (1933). "A serological differentiation of human and other groups of hemolytic streptococci." 57: 571–95. doi:10.1084/jem.57.4.571. 
  3. Patterson MJ (1996). Streptococcus. in: Baron's Medical Microbiology (Baron S et al., eds.) (4ª ed.). Univ of Texas Medical Branch. ISBN 0-9631172-1-1.