Margaret Sullavan

actriz estadounidense

Margaret Brooke Sullavan, nada en Norfolk (Virxinia) o 16 de maio de 1909 e finada en New Haven (Connecticut) o 1 de xaneiro de 1960, foi unha actriz estadounidense, célebre polos seus papeis en melodramas.

Modelo:BiografíaMargaret Sullavan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de maio de 1909 Editar o valor en Wikidata
Norfolk (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xaneiro de 1960 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
New Haven (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, sobredose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaVirxinia Editar o valor en Wikidata
EducaciónChatham Hall Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema, actriz de teatro, actriz de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1929 Editar o valor en Wikidata - 1960 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeKenneth Wagg (1950–)
Leland Hayward (1936, 1936–1947)
William Wyler (1934–1936)
Henry Fonda (1931–1933) Editar o valor en Wikidata
FillosBrooke Hayward
 () Leland Hayward
Bridget Hayward
 () Leland Hayward
William Leland Hayward
 () Leland Hayward Editar o valor en Wikidata
PaisCornelius Sullavan Editar o valor en Wikidata  e Garland Brooke Council Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0837925 Allocine: 2146 Rottentomatoes: celebrity/margaret_sullavan Allmovie: p68972 TCM: 186698%7C105341 IBDB: 61438
BNE: XX4814178 Musicbrainz: f2b4d474-0d5e-439b-ab94-da46847745ea Discogs: 1202086 WikiTree: Sullavan-1 Find a Grave: 1000 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Sullavan descubriu a paixón polo teatro en Cambridge, Massachusetts, onde participou en varias pezas. Debutou en Broadway en 1931 con A Modern Virgin.[1] Dous anos despois, contratada por Universal Pictures, protagonizou o melodrama de éxito Only Yesterday (1933).[2] O seu seguinte filme, Little Man, What Now? (1934), confirmou a súa capacidade de emocionar o público.[3] Seguírono outros triunos, como Three Comrades (1938), pola que foi candidata ao óscar, The Shop Around the Corner (1940), terceiro dos seus traballos con James Stewart e Back Street (1941), polo que recibiu algunhas das súas mellores críticas.

En 1931 casou con Henry Fonda, con quen traballara no teatro.[4] O matrimonio durou poucos meses e rematou en divorcio, mais continuaron sendo amigos. O seu segundo marido foi o director William Wyler, que a dirixiu en The Good Fairy (1935).[5] A unión rematou tamén en divorcio despois de menos de dous anos. En 1936 Sullavan casou co axente Leland Hayward, con quen tivo tres fillos e do que se divorciou once anos despois.[6] Finalmente, en 1950, casou por última vez, agora co home de negocios inglés Kenneth Wagg, con quen ficou até a morte.[6]

De espírito rebelde, insegura e con fobia do estrelato, Sullavan acabou facendo unha carreira curta no cinema. Reiteradamente rexeitaba un filme atrás do outro, razón pola que só traballou en dezaseis filmes. A mediados da década de 1940, co agravamento dunha xordeira persistente, afastouse do cinema. Aínda fixo un filme en 1950, mais a esa altura xa se dedicaba de corpo e alma á súa grande paixón, o teatro.

Deprimida coas críticas negativas do seu último espectáculo, inxeriu unha dose excesiva de barbitúricos no día de Aninovo. En coma profundo, faleceu camiño do hospital.[7] Segundo o laudo oficial, a morte foi por accidente,[8] mais esa conclusión é contestada por moitos. A actriz contaba con apenas cincuenta anos de idade.[9] Foi sepultada no Saint Mary's Whitechapel Episcopal Churchyard, no condado de Lancaster (Virxinia).[10]

Filmografía

editar
Ano Título Personaxe
1933 Only Yesterday Mary Lane
1934 Little Man, What Now? Emma "Lämmchen" Pinneberg
1935 The Good Fairy Luisa "Lu" Ginglebusher
So Red the Rose Valette Bedford
1936 Next Time We Love Cicely Tyler
The Moon's Our Home Cherry Chester/Sarah Brown
1938 Three Comrades Patricia "Pat" Hollmann
The Shopworn Angel Daisy Heath
The Shining Hour Judy Linden
1940 The Shop Around the Corner Klara Novak
The Mortal Storm Freya Roth
1941 Back Street Ray Smith
So Ends Our Night Ruth Holland
Appointment for Love Dr. Jane Alexander
1943 Cry 'Havoc' Lt. Mary Smith
1950 No Sad Songs for Me Mary Scott
  1. Rinella, Michael D. (25 de xullo de 2019). Margaret Sullavan: The Life and Career of a Reluctant Star (en inglés). McFarland. ISBN 978-1-4766-3605-4. 
  2. Quirk (1986), pp. 27–29.
  3. Quirk (1986), pp. 31–35.
  4. Houghton (1951), pp. 254–257.
  5. Quirk (1986), pp. 35, 44.
  6. 6,0 6,1 Quirk (1986), pp. 74–75, 90.
  7. "Actress Dies at 48". Reading Eagle. 2 de xaneiro de 1960. Consultado o 15 de outubro de 2014. 
  8. "Sullavan Death Laid to Barbiturates". Reading Eagle. 5 de xaneiro de 1960. Consultado o 25 de febreiro de 2013. 
  9. Unonius, Kristian Erik (2006). "Margareth Sullavan". Matinê (39). 
  10. "SULLAVAN DEATH HELD ACCIDENTAL; Coroner Issues Report -- Many Attend Memorial Service in Greenwich". nytimes.com (en inglés). 5 de xaneiro de 1960. Consultado o 01 de setembro de 2024. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar