Abrir o menú principal

O mar de Andaman[1] (en birmano မုတ္တမ Mottama, en tailandés ทะเลอันดามัน Thale Andaman, en malaio e indonesio Laut Andaman); tamén chamado mar de Birmania, é un sector do océano Índico situado ao sueste do golfo de Bengala, ao sur de Birmania, ao oeste de Tailandia e ao leste das illas Andaman, das que toma o seu nome. Ten uns 1.200 km de norte a sur e 650 km de leste a oeste, formando unha área de 797.700 km². A súa profundidade media é de 870 metros e a máxima chega aos 3.777 metros. O principal río que desemboca nas súas augas é o Irawady.

Mar de Andaman
AndamanSeaNASA1.jpg
Localización administrativa
EstadoIndia India
Flag of Myanmar.svg Myanmar
Flag of Thailand.svg Tailandia
Flag of Indonesia.svg Indonesia
DivisiónIllas Andaman e Nicobar (IND)
Divisións de Ayeyarwady, Yangon e Tanintharyi, e Estado de Mon (BIR)
Rexión de Tailandia do Sur (TAI)
Provincia de Aceh (Sumatra) (IDN)
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Índico
ContinenteAsia
Illa/sIllas Andaman e Nicobar e Sumatra
Xeografía
Mares contiguosGolfo de Bengala e mar da China Meridional
Características
Superficie797.700 km²
Lonxitude máxima1.200 km (N-S)
Anchura máxima650 km (E-O)
Profundiade máxima3.777 m
Profundidade media870 m
Mapa
Locatie Andamanse Zee.PNG

Localización do mar de Andaman
Burma topo en.jpg

Mapa do mar de Andaman
LocationAndamanSea.png

No seu extremo sueste, o mar de Andaman comunícase co mar de China Meridional a través do estreito de Malaca, que separa a illa de Sumatra da península Malaia.

Placas tectónicasEditar

 
Mapa tectónico do mar de Andaman.

No fondo oceánico do mar de Andaman corre de sur a norte o límite de dúas placas tectónicas: a placa de Birmania e a placa de Sunda. Estas microplacas crese que anteriormente formaban parte da gran placa Euroasiática, e que apareceron co constante choque da placa de India.

Como resultado, o fondo mariño. no seu centro, esténdese formando unha cunca marxinal que comezou a súa formación fai 3 ou 4 millóns de anos.

Actividade volcánicaEditar

Ao leste da principal illa do arquipélago, Gran Andaman, atópase a illa Barren, que ten un volcán activo (o único volcán activo de todo o subcontinente indio). Esta actividade volcánica está provocada pola subdución da Placa India no arco formado polas illas Andaman, o que forza ao magma a emerxer na Placa de Birmania. A illa volcánica de Narcondam tamén foi formada por este proceso, pero non ten actividade eruptiva recente.

Delimitación da IHOEditar

A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Andaman («Andaman» ou «Burma Sea» (Mar de Birmania)) como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, «Limits of oceans and seas» (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 44 e defíne os seus límites do seguinte xeito:

No suroeste.
Unha liña que vai de Oedjong Raja (5º32'N, 95°12'E) en Sumatra, a Poeloe Bras (Breueh) e a través das illas occidentais do grupo Nicobar até punta Sandy na illa Pequena Andaman, de tal maneira que todas as augas dos estreitos pertencen ao mar de Birmania.
No noroeste.
O límite oriental da baía de Bengala (43).
No sueste.
Unha liña que une Voalan Lem (7º47'N) en Siam, e Pedropunt, (5º40'N) en Sumatra.
Limits of oceans and seas, páx. 21 e 22.[2]

NotasEditar

  1. Definición de andamanés, -esa no Dicionario de Galego.
  2. A versión orixinal en inglés está dispoñible en liña no sitio oficial da «International Hydrographic Organization» en: http://www.iho-ohi.net/iho_pubs/standard/S-23/S23_1953.pdf Arquivado 08 de outubro de 2011 en Wayback Machine.. Consultado o 10 de xullo de 2011.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar