María del Pilar Nóvoa Carcacía

política española

María del Pilar Nóvoa Carcacía, nada en Vilamarín o 13 de abril de 1957 [Cómpre referencia], é unha psicóloga e política galega.

María del Pilar Nóvoa Carcacía
Nome completoMaría del Pilar Nóvoa Carcacía
Nacemento13 de abril de 1957
Lugar de nacementoVilamarín
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
PremiosGran Cruz da Orde do Mérito Civil
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciada en psicoloxía e diplomada en Traballo Social, é funcionaria e traballou como psicóloga no sistema de ensino de Galicia. Nas Xerais de 1986 foi elixida deputada polo PSdeG-PSOE na provincia de Ourense, cargo que revalidaría en Xerais de 1989, en 1993 e en 1996.[1] Antes de rematar a súa cuarta lexislatura na Cámara Baixa, en 1999 presentouse nas listas municipais en Ourense do PSdeG-PSOE ás locais, e resultou escollida concelleira pero non recibiu responsabilidades de goberno.

No ano 2000 deu o salto de cámara e foi elixida como senadora nas Xerais dese ano[2], e ocupou a cadeira ata o ano 2004,[3] en que deixou a política activa e se reincorporou ao seu traballo na atención ao proceso educativo na cidade de Ourense.

RecoñecementosEditar

NotasEditar

  1. "Ficha de Novoa Carcacia, María del Pilar. (Todas as lexislaturas)". Congreso dos Deputados (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  2. "Senado - Ourense". www.elmundo.es. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  3. "Nóvoa Carcacía, María del Pilar". www.senado.es (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  4. "La Moncloa. Referencia del Consejo de Ministros". www.lamoncloa.gob.es. 23 de abril de 2004. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  5. "Agenda". ABC (xornal). 26 de maio de 2004. p. 26. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar