Chus Nogueira

profesora, filóloga e ensaísta galega
(Redirección desde «María Xesús Nogueira Pereira»)

María Xesús Nogueira Pereira, nada en Berres (A Estrada) o 19 de xullo de 1968, é unha profesora, filóloga e ensaísta galega. Exerce o cargo de presidenta na Asociación Galega da Crítica desde a súa creación en 2015.

Chus Nogueira
Nome completoMaría Xesús Nogueira Pereira
Nacemento19 de xullo de 1968
 Berres
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritora e profesora universitaria
XénerosEnsaio
EstudosFiloloxía Galega
Na rede
AELG: 319 Dialnet: 191193
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é docente na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. As súas principais liñas de investigación son a narrativa de Álvaro Cunqueiro e a poesía galega contemporánea. Foi membro dos consellos editores da revista Dorna e da colección de poesía Letras de Cal e tamén, do Boletín Galego de Literatura. Colabora no portal en Internet culturagalega.org. É ademais autora de artigos en volumes colectivos e revistas, onde tamén publica con regularidade crítica literaria.[1]

Obras editar

Ensaio editar

Edición editar

Obras colectivas editar

  • O mar de adentro, 1990, Edicións do Dragón.
  • Oito e médio, 1993, Edicións do Dragón.
  • Bestiario, 1998, Edicións do Dragón.
  • Poesía Contemporánea. Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza.
  • Palabra viva. Galicia e Hispanoamérica, 2012, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Letras nómades. A mobilidade feminina na literatura galega, 2014, Frank & Timme.

Notas editar

  1. "Chus Nogueira". www.aelg.gal. Consultado o 2021-05-10. 
  2. Edición, introdución e notas. Xela Arias. Poesía reunida (1982-2004) na páxina web de Xerais.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar