Manuel Rey Busto

médico e político galego

Manuel Rey Busto, nado en Santiago de Compostela en 1902 e finado en Lugo o 25 de febreiro de 1985, foi un médico e político galego.

Infotaula de personaManuel Rey Busto

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de febreiro de 1985 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Francisco Rey Villanueva e Adelaida Busto e sobriño de Gumersindo Busto. Sendo estudante de Medicina promoveu a creación da Residencia de Estudantes,[1] e foi presidente da Unión de Estudiantes compostelanos en 1927,[2] dimitindo do cargo en xaneiro do ano seguinte.[3] Foi presidente do Club Deportivo Rápido.[4] Colaborou en El Compostelano, El Eco de Santiago e Eco de Galicia. Licenciado en Medicina en 1934, foi axudante de clases prácticas na Facultade de Medicina. Na Segunda República militou no Partido Republicano Radical Socialista, do que foi elixido vogal da executiva local de Santiago de Compostela presidida por Xesús San Luís Romero en setembro de 1931,[5] e despois en Unión Republicana, da que foi nomeado presidente en Santiago o 9 de xullo de 1936,[6] con Rafael Frade Peña como secretario xeral. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado en agosto e depurado co resultado de inhabilitación absoluta para todas as universidades españolas. No franquismo integróuse no Corpo de médicos da Asistencia Publica Domiciliaria e abreu un consultorio na rúa do Vilar de Santiago de Compostela, e inaugurou unha consulta gratuíta para pobres en 1939.[7] En 1944 foi nomeado médico municipal de Lourenzá.[8] Logo da morte do guerrilleiro Luís Trigo Chao en 1948 foi procesado.[9] Despois foi médico de Santiso de Abres e Riotorto. Pasou os seus últimos anos en Ribadeo e finou en Lugo o 25 de febreiro de 1985.[10]

Vida persoal editar

Casou en Santiago de Compostela con María Aenlle García en xaneiro de 1941.[11] María finou en maio do ano seguinte,[12] e Manuel volveu casar en Ribadeo coa farmacéutica Generosa de la Barrera Rodríguez nos anos corenta e foi pai de Manuel e Adelaida Rey de la Barrera.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 25-2-1927, p. 4.
  2. El Compostelano, 23-12-1927, p. 2.
  3. El Eco de Santiago, 9-1-1928, p. 2.
  4. El Eco de Santiago, 14-9-1928, p. 2.
  5. El Eco de Santiago, 1-9-1931, p. 2.
  6. "El Eco de Santiago : diario independiente: Ano XL Número 16502 - 1936 xullo 10". 
  7. El Compostelano, 27-2-1939, p. 2.
  8. El Correo Gallego, 2-6-1944, p. 2.
  9. Homenaxe da Mariña ao guerrilleiro O Gardarríos
  10. La Voz de Galicia, 26-2-1985, p. 53.
  11. El Correo Gallego, 7-1-1941, p. 2.
  12. El Compostelano, 18-5-1942, p. 2, 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar